20 dic. 2018

Agasallo libros no Nadal


Impresionante a acollida desta actividade. 
Os recreos desta semana resultaron increíblemente intensos; non paramos de envolver e engalanar libros cos que agasallar ás nosas familias e amizades durante o Nadal. Creo que non esaxero se digo que tivemos tanta actividade como moitas das boas tendas dos barrios e mesmo das grandes superficies ;)

19 dic. 2018

Conto contos (peruanos)

Como vén sendo xa case unha tradición, onte martes fumos  ata o CEIP Cornide, o noso cole veciño, para que o alumnado de Teatro de 2º ESO, contara contos aos cativos e cativas. Coa profesora Francisca, elixiron, adaptaron e ensaiaron dous contos de orixe peruana, un en galego e outro en castelán, para interpretar ante tan atento público. 

15 dic. 2018

Suxestións para ler e agasallar no Nadal

Deixámosvos aquí as suxestións de lecturas para o Nadal e lembrámosvos que durante toda a próxima semana poñeremos á vosa disposición libros para que poidades agasallar con eles nas próximas festas. 


Agardamos inspirarvos un pouquiño!


Felices festas!!!



11 dic. 2018

Premios para os microrrelatos terroríficos (e outros agasallos)

Xa temos decididos os premios do Concurso de microrrelatos de terror. Foron moitos os presentados, sobre todo en castelán, polo que non foi fácil a decisión. Noraboa!!! 

4 dic. 2018

Encontro interxeracional na nosa cancha

Este pasado xoves, 29 de novembro, o instituto converteuse en pura emoción, mentres recibiamos ás persoas maiores do Centro de Día Novoboandanza (en colaboración con Maru, da Biblioteca Ágora). 

Agardamos coa ilusión a flor de pel na entrada do instituto,

23 nov. 2018

Carlos Negro entre nós


Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro, recitando poesía dos seus libros Penúltimas tendenciasMakinaria

Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos  e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha.


Por outra banda, este encontro foi o punto culminante deste primeiro trimestre para o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo nos mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar sobre a forma de rachar con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria.

Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;)

Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro









Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de lectura de Galicia, por ser o autor máis lido nos mesmos. Nós estivemos seguindo a tendencia...



   Algúns engacharon coa lectura de Makinaria inmediatamente!!!

30 oct. 2018

De roteiro polo Courel: Vilamor-Froxán







O pasado mércores, día 25, na compaña de 40 alumnas e alumnos de 4º de ESO, 1º de Bacharelato, 1º de STI e 2º de ITC andivemos polo Courel Baixo facendo un roteiro entre Vilamor e Froxán, pasando pola aldea de Vilar.

24 oct. 2018

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro acaba de celebrarse, como cada ano, o Día da Biblioteca. Trátase dunha iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil que tivo a súa orixe en 1997. 
Icía recibe diploma de Miguel e Alba Fariña

En BIBLIOLUGRÍS celebramos este día dedicándoo aos voluntarios que cooperan con nós na Biblioteca nos recreos. Pasado mañá venres 26 celebrarémolo entregando os diplomas oficiais ás persoas voluntarias do curso pasado e lendo o pregón deste ano. 




23 oct. 2018

Resultados da enquisa a persoas usuarias da biblioteca

Aínda que un pouco tarde, queremos recoller aquí resumidamente a análise dos resultados da enquisa sobre o grao de satisfacción nos usos da biblioteca do curso pasado. 

Recibimos 65 respostas, case igual de homes que de mulleres, a maioría estudantes da ESO e Bach, pero en todo caso de todos os elementos da comunidade educativa. A maioría usuarios, bastante frecuentes. 

19 oct. 2018

Microrrelatos de terror

Volvemos a contarnos contos de  TERROR  nestas datas que tanto o propician. Propoñémosvos que realicedes un moi breve relato, inpirándovos nalgunhas das imaxes que están abaixo.

Velaquí, as 
 BASES DO CONCURSO:

16 oct. 2018

POÉTICAS DIVERSAS en nuestro club de lectura

El jueves pasado comenzamos nuestra singladura lectora del CL1 (1º y 2º ESO, 1º FPB Electricidad) con una diversidad de libros poéticos relacionados con la imagen y la palabra. Hemos seleccionado poemarios de Irene G. Punto, Nuria Gómez de la Cal, Ana Rossetti, Emily Dickinson, Rupi Kaur, Raúl Vacas... 

O DÍA DAS ESCRITORAS



Desde hai tres anos, o luns seguinte á data do 15 de outubro, celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.

4 oct. 2018

Calendario de reunións do Club de lectura (1º trimestre)

Como vedes, xa temos a proposta de calendario de reunións dos catro grupos do Club de lectura cos que empezamos a andaina lectora deste curso. 

18 sept. 2018

Comezamos con moitos libros novos

Este curso comezamos cunha biblioteca chea de libros novos (e algunha película tamén...) que estamos catalogando e cun equipo de profesorado renovado. 


Xa imaxinamos que tedes un montón de novos libros de texto, seguramente moi interesantes. Mais... aquí temos moita variedade temática e de formato que vos poden tentar. Agardamos que haxa algún libro ou película que te seduza moito.

Vén comprobalo!

26 jun. 2018

¡Un viaje cultural emotivo y emocionante!

Este año nuestro entregado Club de Lectura tuvo la oportunidad de poder ir a un viaje cultural donde las palabras, los monumentos y las emociones lo dominaron todo.
Comenzamos el itinerario en la ciudad del Románico, Zamora. Nuestros alumnos se dejaron seducir por las calles y plazas de la ciudad y llegaron hasta el espectacular castillo para terminar en la conocida catedral.

20 jun. 2018

Pasaporte Lugrís Live Show

O pasado venres 8 de xuño finalmente tivo lugar o gran espectáculo PASAPORTE LUGRÍS LIVE SHOW,  no que a gran protagonista foi a interculturalidade, e o noso afán por poñer en valor a riqueza que aporta o alumnado desas vintetantas nacionalidades e culturas co que convivimos no noso centro.

15 jun. 2018

Unha carta a María Victoria Moreno



Velaquí a epístola ganadora do Concurso de Cartas a María Victoria Moreno. 
A remitente: Adela Villar Uzquiano. 





Premio polo Día do Libro e Día das Letras Galegas

Onte, xoves 14 de xuño, entregamos os premios dos últimos concursos da Biblioteca neste curso, o do Día do Libro, e o do día das Letras Galegas: 

13 jun. 2018

Lecturas para o verán

Achégase o verán e, con el, o tempo libre. Para gozalo plenamente, desde Biblio Lugrís suxerímosvos algunhas lecturas:




10 jun. 2018

O Club de Cultura Xitana dase a coñecer



Velaquí o vídeo coa valoración realizada por Zoé Cameán, Alexander Matera e Nerea Muñoz, principais participantes do Club de lectura de Cultura Xitana deste curso. 

O vídeo foi realizado (coa fundamental colaboración de Cristina de la Torre) para poder amosar na presentación que sobre o Club fixo Xulia Regueiro o pasado venres 1 xuño nas XI Xornadas do Club de lectura en Santiago

31 may. 2018

LA EDUCACIÓN QUE ME INCULCAN MIS PADRES

Los alumnos de 3º ESO han valorado la educación de los padres basándose en el discurso que Don Quijote da a Diego de Miranda en la segunda parte, cap. XVI. Y es que ellos argumentan muy bien.
Leámoslos:

23 may. 2018

Enquisa para avaliación biblioteca



Como en anos anteriores, gustaríanos coñecer a túa opinión para seguir mellorando.


De novo queremos que nos axudes a facer a valoración do grao de satisfacción no uso da biblioteca así como as suxestións que poidas facernos. 

Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos désedes a vosa opinión. Gustaríanos recabar opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais. 

Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado.



Pincha aquí para responder



Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!

17 may. 2018

Haikus en "La Querida"

Unha das cousas máis chulas que fixemos durante a viaxe cultural a Salamanca e Bragança -da que en breve vos contaremos máis-, foi o obradoiro de haikus que realizamos co escritor Raúl Vacas na súa escola de campo "La Querida". 

Déixovos aquí algúns dos resultados,

16 may. 2018

Obradoiro con Xosé Tomás

Onte martes, 15 de maio, poidemos gozar dun magnífico obradoiro con Xosé Tomás, no que aprendimos moito sobre as orixes do cómic ou banda deseñada. 

Falounos sobre as súas orixes norteamericanas, con Yellow kid, dos tipos viñetas, recursos como a elipse... e moito máis. 

Deixámosvos aquí algunha foto solta e un vídeo quick con moitas máis :)

9 may. 2018

Con Héctor Cajaraville

Grazas á organización do Departamento de Lingua e Literatura galega, onte martes 8 de maio tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Héctor Cajaraville, un xornalista convertido en escritor, tal e como el mesmo nos contou. E ademais, un escritor bastante prolífico nos últimos tempos.

8 may. 2018

Concurso de Cartas a... MARÍA VICTORIA MORENO





Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu IV Concurso de CARTAS A... Mª VICTORIA MORENO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento desta escritora.

6 may. 2018

PENSANDO IMÁGENES con Chema Madoz


La semana pasada nuestro club de lectura dedicó una sesión a pensar con imágenes. Esta vez de la mano del reconocido fotógrafo Chema Madoz. Sus fotografías han calado en la mente de nuestros jóvenes lectores porque son "poemas visuales" donde los objetos están sacados fuera de contexto, desvinculados de su cotidianidad para provocar un efecto poético.

2 may. 2018

PREMIOS LECTURA POÉTICA sobre El Quijote

Ya tenemos ganadores de la Lectura poética que se celebró el DÍA DEL LIBRO en nuestra biblioteca. Ha sido un fallo muy difícil porque todos recitasteis muy bien. Al final, han quedado 5 premios:





27 abr. 2018

Festa intercentros do xadrez e do debate



Este pasado mércores celebramos o segundo encontro co IES Isidro PargaPondal de Carballo e o primeiro co IES Fernando Wirtz no noso centro para celebrar unha festa do xadrez, e engadimos tamén á celebración, o debate.

26 abr. 2018

# SiempreNosQuedaráLaLectura

Con motivo de la celebración del DÍA DEL LIBRO, este año hemos homenajeado a Cervantes con una Lectura poética sobre El Quijote.


Comenzamos el acto leyendo una interesante visión que el nuevo Premio Cervantes, el nicaragüense Sergio Ramírez, nos da sobre lo que para él es un libro:


Un libro es como una casa de muchas habitaciones, cada una con un decorado diferente, y uno puede asomarse, primero desde fuera, a través de múltiples ventanas y, así seducido, entra a vivir en esas estancias cordiales y acogedoras, porque siempre hallará abiertas sus puertas. Y como estamos en abril, el mes de Cervantes, quiero recordar el libro de los libros, el que más ventanas, puertas, pasadizos y corredores tiene, El Quijote.


23 abr. 2018

Emotiva lectura interxeracional

Encantadas e emocionados quedamos logo da lectura compartida o pasado xoves 19 de abril coas persoas maiores do Centro de Día Novoboandanza

Contámolo con imaxes: 




Moitísimas grazas por esta marabillosa experiencia compartida a todas as persoas que o fixéchedes posible!!!

19 abr. 2018

Gañadores de xadrez, no centro

Xabier e Edison, xogando a final

Realizada a semifinal e a final de xadrez no noso centro, temos xa a CLASIFICACIÓN FINAL: 


1º: Xabier Barreiros Camiselle, 2º ESO A
2º: Édison Dávila Figueiras, 2º ESO A
3º: Ariel Canario Solís, 2º ESO A
4º: Roque Couceiro Salido, 2º Bach


Noraboa a todos!!!

Lembrade que o próximo mércores 25, teremos a FESTA DO XADREZ  e DEBATE con outros dous centros. 

Entre outras actividades, realizaremos unha final por equipos, xogando contra os gañadores dos torneos de xadrez que tamén realizaron no IES Parga Pondal e no IES Fernando Wirtz. O mellor levarase un trofeo!



Ariel e Roque, xogando polo 3º e 4º posto

9 abr. 2018

No día da cultura xitana

O pasado domingo 8 de abril celebrouse o Día internacional do Pobo Xitano. Como cada ano, desde o Secretariado Xitano seguen a presentar interesantes campañas de sensibilización contra a discriminación e prexuízo, especialmente na educación e na infancia. 

Deixamos aquí as últimas: 


6 abr. 2018

"Imaxes para pensar" no 3º trimestre

Deixámosvos aquí o calendario de reunións dos grupos do Club de Lectura para o último trimestre. Neste tempo imos dedicarnos ás imaxes, en fotografía e, sobre todo, en mangas, cómics e novela gráfica.

Ademais, temos como novidade importante a actividade de Lectura interxeracional. Facémola en colaboración coa Biblioteca do Ágora, no marco do seu proxecto "La hora de lectura", co Centro de Día "Novoandanza". Temos xa unha quincena de voluntarios preparándose para ler e conversar cos maiores deste Centro. 

E xa andamos un pouco nerviosos pensando na Viaxe cultural do Club de Lectura a Salamanca e Bragança durante tres días (28 e 29 abril e 1 maio). O próximo xoves 12 faremos a reunión informativa con nais e pais, ás 19:00 horas na Biblioteca.

Velaquí, o calendario




2 abr. 2018

Pasaporte Show

Xa levamos varias sesións desta nova edición do Contrato- Programa de excelencia, que continuando en gran medida o iniciado no curso pasado, céntrase na diversidade cultural ou interculturalidade

Baixo a dirección de Cristina de la Torre, neste curso dividímonos en dous grupos: 


a) Espectáculo, que está a traballar para levar a cabo actuacións de diferente tipo nunha xornada cara a fin de curso. 

b) Comunicación, que está aprendendo a editar vídeos, coa intención de realizar montaxes interesantes de materiais de entrevistas xa grabadas. 

17 mar. 2018

Persoas gañadoras do Concurso do día das mulleres

No Concurso de letras-pistas do Día das mulleres resultaron gañadores: 
  •  Gabriel Alonso Rodríguez, 2º ARI
  •  Rocío Gómez Llanos, 2º Bach
  •  Daniel Irigoyen Mallo, 1º ARI
  •  Pedro Reimúndez Martínez, 4º ESO
  •  José Manuel Sanlés Vázquez, de 1º ARI
Todos eles concursaron no nivel 2.  NORABOA!!!

O nivel 1 quedou deserto. 


Entre estes rapaces sortearemos o premio o próximo xoves 22 no recreo, na Biblioteca

Moitas grazas pola vosa participación!!!

Por certo, as solucións son as seguintes: 

11 mar. 2018

Preguntas para pensar: a vida boa e as mulleres

As anteriores sesións do Club de lectura (22 e 23 de febreiro) dedicámolas a pensar en torno a "En que consiste a vida boa?" e centrámonos especialmente nas figuras de Epicuro e de Marco Aurelio. A partir de citas de ambos, comentamos e fixémonos preguntas. A cada paso, agroman con máis fluidez. 
Fixemos referencia aos libros de Maite Larrauri, "La amistad, según Epicuro", El ejercicio, según Marco Aurelio", ambos da colección de "Filosofía para profanos", moi amena e interesante. 






















A última sesión deste trimestre dedicámola a unha pensadora, neste caso Concepción Arenal, debido á cercanía co Día das mulleres. Recollimos citas de "La mujer del porvenir" e outras obras.





En breve, diremos os resultados do Concurso de pistas-letras do Día das mulleres.