Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día das Letras Galegas

Concurso de Carta a... Carlos Casares ou a Maruxa Mallo

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas e o pasado Día das Artes Galegas , o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu III Concurso de CARTAS A... CARLOS CASARES ou MARUXA MALLO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor e esta pintora. PARTIPANTES Todo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA O escritor Carlos Casares ou a pintora Maruxa Mallo . Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato ou a pintora, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo... * Ha de estar redactada en lingua galega. MODO DE ENTREGA As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com FORMATO A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. PRAZO O prazo para participar  finalizará o v...

Cartas a... MANUEL MARÍA

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu II Concurso de Cartas a... MANUEL MARÍA co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor. PARTIPANTES T odo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA O escritor Manuel María. Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo...  * Ha de estar redactada en lingua galega. MODO DE ENTREGA As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com FORMATO A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. PRAZO O prazo para participa finalizará o venres, 27 DE MAIO no recreo . FALLO DO CONCURSO O fallo do xurado anunciarase en torno o...

Carta a... Urbano Lugrís

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Dpto. de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA xunto coa BIBLIOTECA convocan o seu I Concurso de Cartas a... Urbano Lugrís  co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste personaxe. PARTIPANTES T odo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA O pintor Urbano Lugrís. Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao artista, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo...  * Ha de estar redactada en lingua galega. MODO DE ENTREGA Os participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca. Para iso, completarán nun sobre pequeno os seus datos personais que achegarán coa carta nun sobre máis grande co correspondente pseudónimo. Para quen o desexe, na biblioteca ofreceranse sobres e papel para a realización da obra. FORMATO A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. PRAZO O prazo par...

Tomamos 39 fermosas palabras...

Imagen
Finalizamos a primeira fase de " Tomemos a palabra " seleccionando 39 (non preguntedes  o por que dese número exacto...) belas palabras da nosa lingua de entre as moitas propostas. Agora toca votar para quedarnos cun puñado das máis bonitas.  Temos unha semana por diante para iso... Entre tanto, lembrade que segue en marcha o concurso de  logo ou mascota para a biblioteca, e que o próximo xoves 6 ímonos de excursión.

Nas Letras Galegas, "tomemos a palabra"

Imagen
Como sabedes, cada ano no 17 de maio conmemoramos  o centenario da primeira edición en 1863 da obra  Cantares Gallegos , de  Rosalía de Castro , primeira homenaxeada nas Letras Galegas 1963. A edición deste ano 2013 está dedicada ao dramaturgo  Roberto Vidal Bolaño  (Santiago de Compostela, 1950- 2002), autor, director e actor de teatro. Sen dúbida algunha, unha figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego e o dramaturgo máis prolixo da historia da lingua galega. Vidal Bolaño quixo profesionalizar o traballo de contar historias sobre un escenario.  Na súa andaina pódense distinguir dúas etapas: unha primera, a do Teatro Antroido (1978-1985), na que diríxese ao público infantil e adulto e inspírase en manifestacións parateatrais festivas galegas de carácter popular, especialmente o Entroido; e unha segunda etapa, a do Teatro de Aquí (1991-2002), xa para un público adulto e culto, intentando integrar no ...