Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Fleming

Os nosos relatos de ciencia

Imagen
Presentamos aquí dous relatos sobre temas científicos de alumnos do noso IES. Redactáronos para o concurso Ciencia que conta e quedáronlles moi interesantes.  Paulo Marqués Cardoso (1º ESO) escribiu sobre Fleming e Yago Mayor Cabrera (tamén de 1º ESO) sobre Mileva Maric, a primeira esposa de Einstein.  Aquí os tedes:  1.  A muller do "xenio"   A MULLER DE EINSTEIN.  ROUBOU EINSTEIN A TEORÍA DA RELATIVIDADE Á SÚA MULLER? Lendo as investigacións realizadas alá polo 2005, moitos de nós pensamos que a primeira muller de Einstein, MILEVA MARIC, tivo moito que ver coa gran ecuación E=m.c 2  e dubidamos se realmente Einstein era quen semellaba ser. Remontándonos aos comezos, todo naceu como nace calquera historia de amor. Coñeceu a Mileva no instituto Politécnico de Zurich e pronto gañou o seu corazón con cartas nas que lle dicía entre outras cousas: "estou solo con todo o mundo salvo contigo". "Estou moi feliz de terte atopado,...