Kazuo Ishiguro, premio nóbel de literatura
Xa temos desde hai uns días un novo Premio Nóbel de Literatura. Desta volta correspondeulle ao británico Kazuo Ishiguro . Quen é Kazuo Ishiguro? • Nacido en Nagasaki (Xapón) en 1954, trasladouse en 1960 a Inglaterra coa súa familia, cando lle ofreceron ao seu pai un posto como oceanógrafo en Surrey. • Estudou inglés e filosofía na universidade de Kent e logo realizou un máster en escritura creativa na Universidad de East Anglia, onde os seus titores foron Malcolm Bradbury e Angela Carter. • A súa tese converteuse na súa primeira novela, que foi aclamada pola crítica, "Pálida luz nas colinas". • Ganou o Premio Booker en 1989 por O que queda do día , que foi convertida en película en 1993, dirixida por James Ivory e protagonizada por Anthony Hopkins e Emma Thompson. • A súa última novela publicada é "O xigante en...