Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como IES Sabón

X Xornada de Clubs de lectura

Imagen
O pasado sábado 17 de xuño viaxamos con 12 participantes do Club de lectura a Santiago de Compostela para pasar unha magnífica xornada chea de actividades.   Foi un día moi intenso e aproveitado en moitos os sentidos: lúdico, literario, social, cultural. Cada un dos momentos resultou unha experiencia interesante: espectáculos,  actividades, charlas e   mesmo o xantar e o traslado en bus con alumnado doutros tres centros: IES Sabón, IES Agra I e IES Pastoriza.  Poidemos coñecer a xente como  Carlos Negro, Miguelanxo Prado, Xosé Tomás, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, María Reimóndez, Ledicia Costas… ou César Mallorquí entre outros.   Despois do xantar  reunímonos -no tempo e espazo que nos propuxeron- con outros dous clubs de lectura: o do IES de Sabón ( #bibliosabon )   e o do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, Camariñas ( club de lectura Arao ). Con ambos mantivemos un enriquecedor intercambio de experiencias....