Entradas

Excursión de fin de curso dos Clubs de Lectura

Imagen
 Para despedir o curso 20-21, os Clubs de lectura fixemos unha saída a Santiago de Compostela. O luns 21 de xuño desprazámonos un grupo de alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º de ESO xunto con tres profesoras a Santiago. Alí fixemos unha visita literaria e histórica guiada, con lectura de poemas e fragmentos de obras de autores relacionados coa cidade e a súa cultura. Deixámosvos unha pequena mostra do que vimos na cidade e do que nos falou a nosa guía : O Obradoiro, a Catedral,  o Hostal dos Reis Católicos, a Praza da Quintana, Xelmírez, o mercado de abastos, o mosteiro e a igrexa de San Martiño Pinario, Fonseca, a Facultade de Xeografía e Historia e a de Filosofía, a Casa das Crechas, a praza de Cervantes e o Preguntoiro. Rematamos a visita guiada na Alameda arredor da unha e media e , tralo xantar, entramos na Catedral pola Porta Santa ao ser Ano Xacobeo. Logo da visita á Catedral, voltamos a Coruña. E así despedimos este curso 2.020-2.021. Voltaremos en setembro coas mesmas ganas e esp

Entrega de premios do Concurso de Microrrelatos

Imagen
 O xoves 17 de xuño fixemos entrega dos premios do Concurso de Microrrelatos convocado polo Club de Lectura. Temos que destacar o alto nivel dos microrrelatos presentados a concurso e a dificultade da elección dos premiados/as. Por este motivo, o xurado decidiu otorgar, ademáis dos tres premios, tres mencións adicionais. O primeiro premio foi concedido a Jamile Monique Vieira de Araujo, de 1º de Bacharelato, polo relato Intuición . O segundo premio foi concedido a Luis González, de 1º de Bacharelato, polo relato La nueva era. O terceiro premio foi para Romina Ocampo Cáceres , de 4º de ESO B, por un relato sen título. As mencións foron para Dalila Barrera Pérez, de 1º BAC, por Metamorfosis,   Valeria Fernández Rodríguez, de 3º de ESO B, por El médico e Iván Bravo Bello, de 1º BAC, por Sueños eólicos . Parabéns para todos e esperamos que o curso próximo continúen escribindo!

Obradoiro de Haikus no Club de Lectura, por Francisca García Jáñez. 24 e 31 de maio de 2.021

Imagen
  CAPTANDO EL INSTANTE Estas últimas semanas he tenido el placer de impartir al alumnado del Club de Lectura de 3º y 4º ESO un Taller de Haikus en dos sesiones. La primera la dedicamos a introducirnos en el haiku tradicional. El club aprendió que para poder llegar a la magia de esta composición japonesa es necesario captar el instante efímero. Es la manera de entender el "aware", es decir, a la emoción profunda que nos provoca la percepción de la naturaleza. Leímos poemas de los y las grandes haijines del país nipón: Bashô, Buson, Onitsura, Issa, Santôka, Sonojo, Shishiki, Chiyo.. Y nos adentramos de lleno en su técnica a través de la percepción de un sonido, de un color, de un olor, de un sabor de una sensación táctil o de una estación del año. Conectamos también con los poetas occidentales que crearon haikus, como Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado, Jorge Luis Borges, Octavio Paz, Paul Éluard... Hubo reto, como siempre, y con premio. Esta vez la propuesta era crear 2 haiku

Entrega de premios de xadrez e de cinema pola igualdade

Imagen
Este pasado venres 28 de maio, ademais de inaugurar varias Aulas en feminino , no recreo entregáronse varios premios:  - PREMIOS CINEMA POLA IGUALDADE, organizado polo Club de cinema Atlántida, Dinamización Lingüística e o Equipo de Igualdade   Podedes ler os textos de  Diego Mella Luaces , de 1º STI B,   Adela Villar Uzquiano , de 2º Bach,   Diego Rosua López , de 4º ESO B,      Manuel Mariño Martínez , de 1º STI e    Carmen Tomé López , de 1º Bach,  en " Comentarios críticos de películas relacionadas coa igualdade de xénero "  

Concurso de microrrelatos 20/21

Imagen
                                                             Para ir rematando este curso tan atípico, o Club de lectura convoca o Concurso de microrrelatos 20/21  de tema libre. A continuación tedes as bases. BASES DO CONCURSO: 1. Os microrrelatos debes sen inéditos (non copiados). 2. A extensión máxima é de 125 palabras. 3. Os microrrelatos poden estar escritos en galego, castelán, inglés e francés. 4. O tema é libre. 5. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía. 6. O prazo de entrega remata o xoves 3 de xuño. 7. Os microrrelatos entréganse na biblioteca co voso nome, apelidos e curso. 8. O primeiro premio consistirá nun vale por 30 euros e o segundo e terceiro tendrán vales de 15 euros. Moito ánimo e a escribir!                                            

V Torneo de xadrez intercentros

Imagen
Este pasado venres 21de maio achegámonos ao IES Rafael Dieste para xogar un torneo de xadrez. Debido á situación pandémico trasladámonos con pouco alumnado, con aquel que foi máis regular no torneo de  de xadrez on line do centro. 

Clubs de lectura: xuntanzas dende febreiro a maio

Imagen
Seguen a reunirse os Clubs de lectura nos recreos dos luns e dos xoves. Nalgún caso tivemos que pospoñer a reunión porque os e as participantes tiñan exame, polo que reestruturamos o calendario. Aínda así, avanzamos coas lecturas. Os alumnos e alumnas máis novos seguen participando sempre. Aquí os temos en febreiro con Rachel, no Club de inglés, seguindo coa lectura de Wonder . Nos Clubs en lingua castelá estamos a ler Hozuki, la librería de Mitsuko. En inglés, seguimos con Looking for Alaska  en reunións con lectores/as de 3º de ESO: E con alumnos e alumnas de 4º de ESO: Mencionar tamén que no Club de lectura recibimos libros en inglés que están á disposición do alumnado e que xa están a levar a casa con moi boa aceptación xa que hai lecturas para todos os niveis.