Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Cultura xitana

O Club de Cultura Xitana dase a coñecer

Imagen
Velaquí o vídeo coa valoración realizada por Zoé Cameán, Alexander Matera e Nerea Muñoz, principais participantes do Club de lectura de Cultura Xitana deste curso.  O vídeo foi realizado (coa fundamental colaboración de Cristina de la Torre) para poder amosar na presentación que sobre o Club fixo Xulia Regueiro o pasado venres 1 xuño nas XI Xornadas do Club de lectura en Santiago

Descubrindo a cultura xitana

Imagen
Seguimos a voltas cos prexuízos e estereotipos que imperan en torno á cultura xitana.  E para mirar en positivo, puxémonos a buscar figuras destacables da cultura xitana. Lembramos a Joaquín Cortés, Camarón de la Isla, Lita Cabellut... Descubrimos, con Xulia Regueiro -quen dirixe o Club- a película de Lola, vende cá , da que deixo aquí o trailer. Seguiremos buscando.

Cuestionando estereotipos

Imagen
No CL1 e CL2 esta semana pasada dedicámola a ler poemas de Carlos Negro , dos seus libros Makinaria , Penúltimas tendencias e Masculino singular . (Se pinchades nas obras escoitaredes a voz do poeta falando e recitando as súas poesías). Recitamos os seus poemas que, por suposto, nos levaron a cuestionarnos estereotipos masculinos e femininos. Recitamos, comentamos, cavilamos...  Deixamos aquí un vídeo-poema que ten como letra o poema "Just for men", de Masculino singular.  Non nos deu tempo na sesión, polo que podedes facelo agora.  E tamén esta semana comezou o CL3, o de cultura xitana. Comezamos co vídeo "A pregunta de Samuel", que por si só xustifica este grupo do club de lectura. Tamén aquí o que queremos é cuestionar estereotipos e prexuízos. A ver ata onde chegamos...