Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Asesinato del profesor de matemáticas

O Club de lectura e ALICE MUNRO

Imagen
O pasado martes 8 de outubro tivemos a nosa primeira xuntanza deste curso. Viñeron os e as máis fieis do curso pasado e uníronse vairas caras novas de 1º ESO. Aínda que o tempo non deu para moito, chegamos a acordar ler neste primeiro trimestre El asesinato del profesor de matemáticas , de Jordi Sierra i Fabra  (Barcelona, 1947), un magnífico autor xuvenil, do que temos un montón de libros -en castelán e tamén en galego- á vosa disposición. E temos tamén nomeados varios axudantes para colaborar na organización das reunións. Quedamos, ademais, en que a próxima reunión teríamola o martes 28 de outubro. A ver se desta volta non se esquece ninguén... Aproveito que me poño para lembrarvos que estamos a redactar as bases do II Concurso de microrrelatos de terror, esta vez con novidade "plurilingüe"... E non vou rematar sen facer mención de que hai uns días se concedeu o Premio Nóbel de literatura a unha escritora canadense, Alice Munro  (Ontario, Canadá, 1931), especialis...