Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Biblioteca Municipal Os Rosales

Libros deportivos desde Os Rosales

Imagen
Prestados desde a Biblioteca Municipal de Os Rosales , dispoñemos na nosa dunha variada mostra de libros e algunha película en torno a múltiples deportes durante un ou dous meses. Hai libros técnicos e outros de ficción; tamén algunha película.  O deporte, como calquera ámbito da vida en que poidamos pensar, deu e dá lugar a obras literarias e non literarias das que podemos aprender un montón.  Esperamos ter acertado con algunha que vos poida interesar.  Ao tempo, a biblioteca do centro mercou algún libro e mercaremos algún máis.  Chamamos a atención sobre a novela gráfica El gusto del cloro , de Bastien Vivés (Francia, 1984), La Corredora , de Carrie Snyder , que nos conta a historia da corredora canadiana A ganetha, que foi medalla de ouro  en 1928, nos primeiros Xogos Olímpicos nos que as mulleres poideron participar en probas de longa distancia. Foi en Ámsterdam. Pero hai moito máis, sobre baloncesto, balonmán, fútbol ( of course :), baile, voleib...

"Galicia móvese" poeticamente

Imagen
Na exposición de libros emprestados pola Biblioteca de Os Rosales , tivemos uns poucos que levaban a etiqueta " Galicia móvese " facendo referencia a un dos  blog desta biblioteca que leva ese título e que é moi interesante. Recoméndovos que vexades, por exemplo, o vídeo da poeta Yolanda Castaño , " A segunda lingua ", que tamén é o título do seu novo poemario. Ou tamén o booktrailer sobre o libro Raíz da fenda , da poeta intimista compostelá Berta Dávila . E moitos outros, que deixo que descubra a vosa propia curiosidade.