25 ene. 2020

Torneo de xadrez, no inverno 2020



E xa imos pola cuarta edición do torneo de xadrez intercentros... 


Está xa o alumnado matriculado e comezaremos coas rondas en sistema suizo a próxima semana, o martes 28 de xaneiro. 

Xogarase nos recreos de martes e xoves. E tentaremos que haxa outros xogos de mesa para animar o espíritu lúdico saudable. 

As regras do torneo, o listado de alumnado inscrito, os emparellamentos de cada ronda e tamén os resultados provisionais podedes ir consultándoos no curso de "Biblioteca" (de acceso libre, como invitado) da aula virtual do centro. 


A xogar! 
E a animar a quen xogue!

24 ene. 2020

REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA E READING CLUBS DE XANEIRO

Empeza 2020 con novas reunións dos Clubs de Lectura e un reaxuste nos contidos: pasaremos o obradoiro de Haikus para abril polo que a reunión do CL2 do xoves 16 de xaneiro tivo como tema a poesía de Benedetti.
Por outra banda, o venres 17 fixemos a lectura de poemas do libro Falling Up de Shel Silverstein na reunión do Reading Club CL3.



Resultado de imagen de falling up shel silverstein

Resultado de imagen de mario benedetti

Esta semana tivemos reunión do CL1, Club de lectura de 1º e 2º de ESO en Castelán/Galego, e tivemos a oportunidade de ver unha charla de Eduardo Sacheri sobre a importancia da lectura e o feito de escribir. Próximamente leremos o seu relato "De chilena".






Resultado de imagen de eduardo sacheri tedx



O venres 24 o CL4 (Reading Club para os cursos superiores) falará de outro libro de Rupi Kaur, The sun and her flowers, e veremos un vídeo da autora lendo a súa poesía.



Resultado de imagen de rupi kaur reading her poems