23 dic. 2013

Bos desexos de ano novo, entre contos e poesía

Os últimos días de clase deste 2013 pasáronnos voando entre actividades, exames e notas. Non atopamos nin un minuto para dar conta aquí do feito. Así que facémolo agora, un pouco a touro pasado.
O martes 10 de decembro, en lugar de dedicarnos á celebración do día dos Dereitos Humanos (que tamén tería estado ben), fixemos a nosa reunión do Club de lectura ao mediodía.  Visionamos a curtametraxe "A lus do mundo", recitamos algún poema de Nimbos, o único libro publicado de Xosé Díaz Castro, e logo ensaiamos algún dos contos infantís para lerlles aos pequechos e pequechas do CEIP Sagrada Familia.

















O martes 17 fomos un bo grupo de rapaces e rapazas (de 1º, 2º e 3º da ESO, máis Andrea, de 1º Bac) con dúas profes a lerlles contos aos máis cativos do Cole Sagrada Familia. Resultou unha experiencia inesquecible para quen participamos nela. Primeiro contáronlles contos á rapazada de 1º de Primaria, no salón de actos, e por grupos de entre cinco e oito. E logo, aula por aula, tal como se fosen contacontos profesionais, cada equipo do Lugrís  foi embelesando aos meniños e meniñas enchéndoos de maxia literaria. Algúns foron moi doados de enganchar, de seducir; con outros, como os de tres aniños, resultou algo máis complicado.  Aprendimos moito e gustaríanos repetir, posto que quedamos coa sensación de que aínda podemos facelo mellor.







Felices vacacións (neste caso os antigos romanos, dirían "Felices Saturnais") e os mellores desexos para o ano novo!! Animádevos a mergullarvos en máis contos e máis poesía... 

15 dic. 2013

Os nosos relatos de ciencia



Presentamos aquí dous relatos sobre temas científicos de alumnos do noso IES. Redactáronos para o concurso Ciencia que conta e quedáronlles moi interesantes. 
Paulo Marqués Cardoso (1º ESO) escribiu sobre Fleming e Yago Mayor Cabrera (tamén de 1º ESO) sobre Mileva Maric, a primeira esposa de Einstein. 
Aquí os tedes: 


1.  A muller do "xenio"

 A MULLER DE EINSTEIN. ROUBOU EINSTEIN A TEORÍA DA RELATIVIDADE Á SÚA MULLER?

Lendo as investigacións realizadas alá polo 2005, moitos de nós pensamos que a primeira muller de Einstein, MILEVA MARIC, tivo moito que ver coa gran ecuación E=m.c2 e dubidamos se realmente Einstein era quen semellaba ser.
Remontándonos aos comezos, todo naceu como nace calquera historia de amor. Coñeceu a Mileva no instituto Politécnico de Zurich e pronto gañou o seu corazón con cartas nas que lle dicía entre outras cousas: "estou solo con todo o mundo salvo contigo". "Estou moi feliz de terte atopado, tan parecida a min en todos os aspectos".
Aínda que a relación non era aprobada nin pola propia nai de Einstein, o frechazo fixo que se namorara daquela serbia, coxa e matemática chamada Mileva Maric, que coñecera nos seus tempos estudiantís.
Antes de casar, Mileva quedou embarazada del e naqueles tempos, que unha muller quedara en estado antes do matrimonio era un escándalo público, polo que deu a luz a unha nena que posiblemente deron en adopción. É hoxe o día que aínda non se coñece nada do seu paradeiro.
Anos despois casaron e tiveron 2 fillos máis, un deles enfermo e cun retraso mental que levouno a ser internado.
Pero sen desviarnos do tema, o que se cuestiona hoxe en día é:

Foi Albert Einstein o credaor da teoría da relatividade?    

Sabemos que Einstein era físico e non matemático e Mileva Maric, non obstante, era unha gran matemática que ensinou moitas cousas a Einstein.
Comezaron a surxir rumores do roubo da teoría, que repercutiu na súa relación e isto unido ao machismo de Eintein, fixo que incluso antes de separarse lle dirixira varias cartas ameazadoras.
A teoría non sería creada polo maior xenio da humanidade senón pola súa muller!!, á que nin siquera lle adicou ningún recoñecemento despois de recibir o premio Nobel de Física.
Durante o resto da súa vida, dedicouse a estudar a Teoría do Campo Unificado, unha teoría universal que trata de integrar as catro forzas fundamentais que gobernan as leis físicas actuais (gravidade, electromagnetismo, forza nuclear forte e forza nuclear debil). Nunca quixo falar sobre as súas investigacións sobre a enerxía e as forzas que rixen o todo, pois consideraba que o mundo non estaría preparado para entedelo.
Revolvendo entre as cousas de Einstein sóubose que chegou a pensar nunha enerxía infinita que non se atreveu a incluir nas súas teorías, pois era tan asombrosa que o mundo podería autodestruirse.
Hai dúas grandes incógnitas sobre este gran xenio que quedarán para a eternidade :
  • Tiña realmente dúas caras e realmente era un machista e non ese xenio afable que todos coñececemos?
  • Foi el o verdadeiro artífice da teoría da relatividade?
Para E.H. Wealker, Einstein foi un verdadeiro machista que se aproveitou de Mileva, pois esta, como boa nai, tivo que coidar do seu neno e non poido adicarlle o tempo suficiente ao seu traballo para concluilo. Einstein aproveitou a ocasión roubándolle así as súas ideas e despois separouse dela, casando anos despois coa súa prima Elsa.
As malas linguas din que a razón para este segundo casamento non foi por amor, senón polo gran traballadora que era e porque a súa intelixencia era bastante menor ca de Mileva.
Nunha carta atopada pódese ler como desprezaba ás mulleres e incluso atreveuse a afirmar: "A ciencia agría ás mulleres". Pero o seu problema non era unicamente co sexo feminino senón tamén cos seus semellantes. De aí, a súa famosa frase:

"Hai dúas cousas infinitas: o espazo e a estupidez humana e da primeira non estou seguro".

Non era unha persoa sociable e coas súas palabras e feitos non deixaba de insultar ao ser humano.
Morreu só e non quixo que a súa morte fose noticia; foi incinerado na máis absoluta intimidade, estando presentes menos dunha ducia de persoas. Pero non se quemou todo: o seu cerebro foi gardado e custodiado coa esperanza de poder investigar a súa “xenialidade“.
Quero dedicar este traballo a todas as mulleres científicas,sempre agochadas detrás dun home e, en especial, dedicarllo a Mileva, unha gran científica que morreu soa e esquecida en Zurich, anos antes que Einstein. Unha muller sufridora, traballadora e grande, tan grande que descubriu a bomba atómica e fixo tambalear os cimentos da física clásica coa súa famosa ecuación: E=m.c2.  

Yago Mayor Cabrera

2. OS DESCUBRIMENTOS DE FLEMING


Xa con seis aniños unha profe vaticinoulle:
Algún día serás un home importante!!”
Ese era Fleming! O azar sempre acompañouno ó longo da súa vida .
Dous dos grandes descubrimentos de principios do século XX viñeron da súa man e, como non, tamén da casualidade.
Estudiando a gangrena gaseosa atopouse coa lisozima despois de que as mucosidades procedentes dun espirro caesen sobre unha placa de petri na que medraba un cultivo bacteriano. Notou días despois que as bacterias tiñan sido destruidas no lugar que tiña sido depositado o fluido nasal.
Pero non só o azar foi o seu compañeiro, senón tamén o desorden. En septembro do ano 1928 o caos reinante no seu laboratorio foi o causante do novo descubrimento. Estaba realizando varios experimentos e cando foi ollar os seus cultivos antes de destruirlos notou que unha colonia de fungo medrara espontáneamente nunha placa sembrada con Staphylococcus aureaus , como si de un contaminante se tratata. As colonias bacterianas que se encontraba ó redor do fungo eran cada vez máis transparentes debido a unha lisis bacteriana. A lisis sinificaba a morte das bacterias patóxenas crecidas na placa. E ahí deu a cara por vez primeira a penicilina, a salvadora de tanta xente!!
Fleming decatouse que esta substancia natural de efectos antibacterianos era producida por un mofo, o Penicillium.
Comunicou o seu descubrimento sobre a penicilina no British Journal of Experimental Pathology e continuou traballando co fungo durante un tempo.
A obtención e purificación da penicilina a partir dos cultivos de Penicillium notatum resultaron dificiles e máis apropiados para os químicos e el, non era químico, o seu fungo era inestable….así que ninguén lle fixo o menor caso e a comunidade científica creu que a penicilina non era tan importante e só era útil para tratar infeccións banais.
Mais o antibiótico creou interese nos investigadores estadounidense durante a segunda guerra mundial, pois querían superar a mediciña alemana que contaba con sulfamidas (primeiros antibióticos).
Os químicos Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey crearon en Inglaterra un metodo de purificación da penicilina que permitiu a distribución comarcal para o resto da poboación.
Fleming non patentou o descubrimento crendo que así sería máis doado a difusión dun antibiótico necesario para o tratamento das numerosas infecións que afectaban o mundo .
Recibiu o premio Nobel da mediciña que quiso compartir xunto a Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey.
Despois de morrer a súa muller ,o que foi un duro golpe para el,continuou traballando no instituto do St.Mary (Saint Mary’s College) que dirixiu durante a vida que lle quedaba.
O descubrimento da penicilina tivo un cambio para a mediciña moderna: outros investigadores aportaron novos antibióticos coa estreptomicina, empregada para o tratamento da tuberculose salvando millóns de vidas.
O aporte cientifico de Fleming foi doble pois ademais de descubrir unha das mediciñas salvadoras de millóns de persoas, percatouse que pode haber moléculas enzimáticas con actividade antibiótica que tamén poderían ser utilizados con fins terapeuticos similares.
Que máis dicir dun “grande”? Humilde, traballador, querido por todos… Fleming, o noso médico universal!!
Paulo Marqués Cardoso


10 dic. 2013

Os nosos microrrelatos de medo, todos gañadores

Ao fin decidímonos a publicitar aquí os microrrelatos de terror, os gañadores e presentados. Aínda que non foron demasiados os que nos fixestes chegar, si foron de calidade e podo asegurarvos que non foi doado decidir cal era o mellor.

Sen máis preámbulos, aquí os tedes:


NIVEL 4º ESO – BACHARELATO - CICLOS

1.
1º PREMIO

Mis antiguas pesadillas regresan. Esta noche siento que se ciernen sobre mí. Estoy asustado y sus voces no me dejan dormir, hablan en una lengua que desconozco y me atormentan mostrándome mis peores miedos.
Grito una y otra vez pidiendo ayuda. En vano, pues nadie aparece. Lentamente me dejo sumir en la inmensa oscuridad, mientras, poco a poco, olvido quien soy. Mi existencia desaparece junto con mis recuerdos y sólo queda la voz de mis lamentos.

(Yasmín Barros Bolico, 1º Bac A)

2.  “Venganza de un asesino siniestro”                                                                                                 
MENCIÓN DE HONOR

Ya estaba cerca, a unos metros, pero ellos estaban paralizados. De pronto, vieron la sangre sobre su camiseta en aquel lugar oscuro, lleno de polvo, máquinas viejas y arañas. Jamás pensaron que tendrían al asesino tan cerca, en un lugar tan fúnebre y lleno de terror. Habían llegado tarde, Luis ya estaba muerto, nada podía cambiarlo. Su sangre fue derramada para clamar el odio que atormentaba a aquella criatura. Su venganza había acabado, pero ¿qué haría con los demás?
Tal vez lo mismo que con Luis...

(Adriana Motataianu, 1º Bac A)

3.
MENCIÓN DE HONOR

Mis antiguas pesadillas han regresado. Esta noche, siento que se ciernen sobre mí. Mi cuerpo lucha por despertarse mientras palpo las paredes en busca del interruptor. Al encenderse, la luz me provoca una equívoca sensación de alivio desmentida por mis ojos.
Veo como, en medio de la habitación, una forma ambigua y oscura, permanece quieta, sé que me observa, sé que está sonriendo, pero, ¿cómo? No tiene ojos, no tiene boca. Carece de rostro.
Grito, pero algo ahoga mi voz. Entonces, aquel ente se acerca y me rodea, susurrándome unas palabras que me obligan a recordar.
Cierro los ojos y bajo la cabeza mientras las lágrimas comienzan a recorrer mis mejillas.
  • Has vuelto...- pronuncio con un ligero temblor en mis labios.
(Andrea Barros Bolico, 1º Bac B)


- NIVEL 1º, 2º, 3º ESO – PCPI
1º PREMIO

El asesinato del cuarto piso”
Yo estaba cerca, a unos metros, pero ellos estaban paralizados. De pronto, vieron la sangre que salía por la cañería que bajaba del cuarto piso, seguían paralizados por aquel suceso. A Jorge se le ocurrió subir a investigar lo que estaba pasando. No se pudieron negar a tal proposición. Las chicas y Dayama decidieron subir al cuarto piso. Cuando llegaron allí empezaron a escuchar unas voces que decían; “¡Fuera de aquí!” Dayama se abrazó a MartÍn, y a su novio. Cuando se volvió a escuchar la voz todos salieron corriendo, excepto Martín. Se quedó en el piso y se acercó a la puerta derecha. Pulsó el timbre, atemorizado por todos aquellos sucesos y de pronto, abrió una señora para ver que pasaba y detrás de él entraron Dayama y Jorge que regresaron al piso cuando vieron que Martín se había quedado arriba. La señora cerró la puerta y sacó un cuchillo de la nada y empezó a perseguirlos por la casa. Parecía poseída por algún tipo de espíritu.
Dayama pensó que era una broma de Jorge y Martín y se acercó a la señora para demostrar que no tenía miedo. Pero la señora sacó de nuevo el cuchillo y se lo clavó en el pecho. Martín, desolado, se abalanzó sobre la señora, que se desvaneció al instante. Jorge empezó a levitar y dijo:
  • ¡Fin del juego! Hasta aquí llegó todo.
Le clavó un cuchillo a Martín y cayó junto a su amada. Al menos dormirán juntos para siempre.

(Samuel Valls Casasnovas, 2º ESO B)


NORABOA A TOD@S!!!

E, lembrade, hoxe mesmo encontrámonos ao mediodía na biblioteca para ver A LUS DO MUNDO...