Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Torneo

V Torneo de xadrez intercentros

Imagen
Este pasado venres 21de maio achegámonos ao IES Rafael Dieste para xogar un torneo de xadrez. Debido á situación pandémico trasladámonos con pouco alumnado, con aquel que foi máis regular no torneo de  de xadrez on line do centro. 

Final do torneo de xadrez

Imagen
Alex e Hugo O pasado xoves 20 de febreiro tivo lugar a final do torneo de xadrez no noso centro.  Os catro seminifalistas foron: Alex Santos, Hugo Costoya, Edison Dávila e Xabier Barreiros , todos eles de 4º ESO.  O gañador do torneo foi Alex Santos Fernández , de 4º ESO B. Noraboa!!! Quedou Edison de segundo, Xabier de terceiro e Hugo en cuarta posición. 

Torneo de xadrez, no inverno 2020

Imagen
E xa imos pola cuarta edición do torneo de xadrez intercentros...  Está xa o alumnado matriculado e comezaremos coas rondas en sistema suizo a próxima semana, o martes 28 de xaneiro.  Xogarase nos recreos de martes e xoves . E tentaremos que haxa outros xogos de mesa para animar o espíritu lúdico saudable.  As regras do torneo, o listado de alumnado inscrito, os emparellamentos de cada ronda e tamén os resultados provisionais podedes ir consultándoos no curso de "Biblioteca" (de acceso libre, como invitado) da aula virtual do centro.  A xogar!  E a animar a quen xogue!

Final do torneo de xadrez intercentros, en Carballo

Imagen
o trofeo Os nosos rapaces trouxeron o trofeo!!! Unha vez máis foron os gañadores. En concreto, Hugo Costoya. Parabéns!!! Pero o máis importante é o ben que o pasaron, o bo ambiente e o moito que compartiron e aprenderon.  Moitas grazas á organización do IES Parga Pondal (sabiamos de antemán que nos ían recibir cos brazos abertos), aos rapaces e profesorado acompañante (Bea Requejo, Quico Mato e Alfonso Iglesias)!!!

Édison, campión do Torneo de xadrez

Imagen
Onte venres tivo lugar a gran final de xadrez. Édison Dávila quedou como ganador, Ariel Canario quedou de segundo.  Na partida para o terceiro e cuarto posto, Hugo Costoya quedou de terceiro e Xabier Barreiros en cuarto lugar.  En maio terá lugar o Torneo intercentros, desta volta en Carballo, cando nos enfrontaremos ao IES Parga Pondal. 

A próxima semana coñeceremos aos campións de xadrez!!!

Imagen
Acabada a séptima ronda do torneo suízo de xadrez o pasado martes, xa temos os resultados e polo tanto xa sabemos quen son as catro persoas que xoguen a semifinal o próximo martes 26 no recreo.  Noraboa!!!

En marcha o torneo de xadrez (1ª ronda)

Imagen
O pasado martes tivo lugar a primeira ronda  do torneo, na que estiveron case todos os participantes, rodeados da gran animación que xa vén sendo habitual durante os torneos.  O venres continúase coa segunda ronda.  Podedes animarvos a pasar por alí, aínda que non participedes! 

Comeza o torneo de xadrez!!!

Imagen
Un curso máis desenvolveremos o Torneo de xadrez intercentros. Podedes inscribirvos ata o día 23 na Biblioteca.   Comezaremos o venres 25 cunha reunión na Biblioteca , no recreo, na que daremos instrucións e repartiremos as normas, ademais de "poñernos caras". 

Achégase o Torneo de xadrez!

Imagen
Temos xa en marcha este curso unha nova edición do Torneo de xadrez! A data límite de inscrición é o próximo martes 31 de xaneiro. Podes anotarte na Biblioteca. O MÉRCORES 1 DE FEBREIRO , NA BIBLIOTECA, REALIZAREMOS UNHA REUNIÓN DE TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES PARA LEMBRAR AS NORMAS MÁIS IMPORTANTES E RESOLVER DÚBIDAS.  Nesta ocasión faremos o torneo seguindo o sistema suizo    a 7 rondas . Isto quere decir que TODOS OS XOGADORES xogarán 7 partidas. As datas das 7 rondas serán os seguintes días: - 1 RONDA: LUNS 5 febreiro - 2 RONDA: XOVES 8 febreiro - 3 RONDA: LUNS 19 febreiro - 4 RONDA: XOVES 22 febreiro - 5 RONDA: LUNS 26 febreiro - 6 RONDA: XOVES 1 marzo - 7 RONDA: LUNS 5 marzo Unha vez rematadas as 7 rondas, os 4 mellores clasificados xogarán un playoff con semifinais e final, aínda sen data, pero previsiblemente á volta da Semana Santa.  E para remate haberá unha festa na que xogaremos con xadrecistas doutros institutos. ...

Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Imagen
Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo. Cristian Enjamio, á esquerda, e Xabier Barreiros Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio.  E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto.  E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A)   Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador.  O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo , día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal , de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas , quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios....

Chegando á final de xadrez

Imagen
A final achégase e a afección ao xadrez segue en aumento.  Esta próxima semana entraremos xa na cuarta e penúltima volta. E o venres 17 teremos a final.  Se sodes de quen se anima, visita " El ajedrez poquito a poco ", que nos recomenda a profesora Beatriz Regueiro. Ten información e xogos para todos os niveis.  O torneo en máxima tensión Os profes tamén se animan Felices co bo ambiente que se respira no corredor!

Imos pola primeira volta (en xadrez)

Imagen
Este venres pasado tivemos a primeira reunión coas 36 persoas participantes no Torneo de xadrez. Expuxemos as normas básicas e dimos os nomes das parellas contricantes na primeira volta -eliminatoria!- do torneo.  Aquí vos quedan os nomes (están tamén nos taboleiros da entrada, da biblioteca e do corredor de ciclos, así como na Aula Virtual, curso de Biblioteca).  MARTES , 24 DE XANEIRO Primeira quenda (11:15 h): Gañador/a Edison Gabriel Dávila Figueiras Derek Martínez Martínez ? Namia Oujdani Sánchez Valeria Neira de Jesús ? Xabier Barreiros Camiselle Marlo Silva Rodrigues ? Hugo Costoya Hurtado de Mendoza Iván Bravo Bello ? Carlos Barbeito Ibón Jorge Félix Peguero Solís ? Segunda quenda (11:30 h): Gañador/a Alejandro Laíño Lojo Elian Acosta Rodríguez ? ...

Torneo de xadrez

Imagen
Está acabando o tempo para inscribirse no Torneo de Xadrez. Xa hai bastante xente anotada, pero quen queira aínda se pode apuntar ata o venres 13 de xaneiro na biblioteca.  Unha vez teñamos a listaxe, faremos o calendario de partidas e iremos indicamos as nosas regras de xogo, en especial os tempos, xa que se fará con cronómetro.  Nesta ocasión, espéranvos moitas sorpresas: algún mestre de xadrez, o enfrontamento con xogadores doutros institutos... Para irvos ambientando podemos mirar este breve vídeo de "Órbita Laika" sobre o  xadrez e a súa lenda .  Esperámosvos!!!

Primeira ronda de xadrez

Imagen
O lunes, 3 de febrero, imos comezar, no corredor do punto de lectura de Ciclos, a primeira ronda do noso Torneo de xadrez, que se organiza seguindo o sistema suízo . Xogaranse cinco rondas ao longo de tres semanas (luns, martes, mércores e xoves), con oito partidas simultáneas.. Cada persona xogará dúas veces por semana e ha de estar atenta a cando e con quen lle toca xogar. As listaxes estarán expostas no lugar do torneo e tamén na internet ( http://xadrez.hol.es ). As partidas terán unha duración (medida con temporizador) de vinte minutos, dez para cada persoa xogadora. Quen gañe obterá 1 punto, se se empata 1/2 pto para cada xogador, e se se perde 0 puntos. O luns, 3 de febreiro xogan:  1 NAVEIRA GUIMAREY, SAMUEL ABANQUEIRO AGRELO, DIEGO 2 AÑÓN VARELA, JONATHAN PARRASEGADE, ARTURO 3 PONTE FERNÁNDEZ, RUBÉN BARROS BÓLICO, ANDREA 4 ...