Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Final do torneo de xadrez

Imagen
Alex e Hugo O pasado xoves 20 de febreiro tivo lugar a final do torneo de xadrez no noso centro.  Os catro seminifalistas foron: Alex Santos, Hugo Costoya, Edison Dávila e Xabier Barreiros , todos eles de 4º ESO.  O gañador do torneo foi Alex Santos Fernández , de 4º ESO B. Noraboa!!! Quedou Edison de segundo, Xabier de terceiro e Hugo en cuarta posición. 

ÚLTIMAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA. XANEIRO E FEBREIRO

Imagen
As últimas reunións de xaneiro organizámolas do seguinte xeito: O xoves 23 os alumnos/as de 1º e 2º de ESO (CL1) coñeceron a obra de Eduardo Sacheri e o venres 24, no CL4, rematamos a lectura de The sun and her flowers de Rupi Kaur. A semana seguinte, o xoves 30 no CL2, vimos tamén a charla TED de Eduardo Sacheri e os alumnos/as levaron para ler en casa o seu relato La vida que pensamos , para comentalo na próxima reunión. O venres 31 no CL3 falamos do misterioso autor Brian Bilston e fixemos a lectura dalgúns dos seus poemas do libro You took the last bus home   e doutras publicacións  nos que mixtura o humor, a creatividade visual, os xogos de palabras e os temas que nos dan unha excusa para pensar e falar en inglés.                                                                                 E comenzamos febreiro, o xoves 6, coa reunión do CL1 dirixida pola nosa compañeira África,  para coñecer a obra Memoria do silencio de E