22 dic. 2017

Conto contos, con lentes de cor violeta



O pasado martes 19, e como xa vén sendo tradición, achegámonos ao CEIP Cornide Saavedra, carrexando os nosos contos. Tratando de encadrarnos no proxecto no que traballan este curso, "Lentes de cor violeta", levamos a dramatización de tres contos, que foron preparados na materia de teatro, en 2º ESO, e dirixidos pola profe Francisca García Jáñez.

- Rosa Caramelo, de Adela Turín. Interpretado por 2º ESO 
- Artur e Clementina, de Adela Turín. Interpretado por 2º ESO. Ambos da nomeada colección "A favor de las niñas".

Temos un vídeo de quick con fotos que recollen os momentos de preparación e demais e un moviemaker elaborado a partir das fotos da actuación realizadas por Yaiza Paz. Esperamos que vos praza...






Un millón de grazas polos momentos vividos!!!  Boas festas|||

17 dic. 2017

Recomendacións de Nadal

Como xa dixemos, na entrega de premios do pasado venres 15 aproveitamos para repartir un tríptico con algunhas suxestións para este Nadal. 

Desta volta, propuxemos máis películas que noutras ocasións, asesoradas polo Club de Cinema. 

Ademais, lembramos o lema das Bibliotecas Escolares deste curso: "Aprender a pensar coa biblioteca Escolar" e indicámosvos algúns sitios web que poderíades visitar. 

16 dic. 2017

Entrega de premios dos Microrrelatos e do Club de cinema

O cartel gañador
Este venres pasado tivemos un recreo moi festivo na biblioteca. Entregar premios sempre nos pon de boas. 

Nesta ocasión, entregamos os premios do Concurso de Microrrelatos de terror (que xa están publicados aquí) e tamén o Concurso de carteis do Club de cinema Atlántida, que está botando a andar no instituto. 

premios de cine

 


Aproveitamos que estabamos moitos e moitas xuntos para repartir as Recomendacións de Nadal da Biblioteca, con bastante de cine, por suposto (nun momentiño publicámolas aquí tamén). 

Noraoa a todos e todas as premiadas!!! 
Boa andaina ao novo Club de cinema!!!





6 dic. 2017

"El burro vendido al mismo dueño" e outros estereotipos de xitanos


Nestas últimas sesións do CL3 (de cultura xitana), moi organizadamente dirixido coma sempre, pola profe Xulia Regueiro, seguimos a tratar sobre os estereotipos e prexuízos en torno aos xitanos/as. 


Unha das actas que prepara Xulia R.
Logo de facer unha posta en común, xogouse cun breve conto que houbo ordenar e logo ler. Trátase do conto "El burro vendido al mismo dueño", extraído do libro "Cuentos populares de los gitanos españoles", pola edición de Javier Asensio García. Témolo na biblioteca e tamén pode lerse en pdf a través de internet. 

Está resultando moi interesante, polo que nos gustaría que máis xente poidera gozar destas sesións.


 Animádevos!!!
O conto caótico





O conto