Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como A lus do mundo

Lugrisiáns no Vilariño do poeta Díaz Castro

Imagen
O pasado xoves 7 de abril fomos cun variado grupo de rapaces e rapazas, desde 1º ESO ata 2º Bacharelato  tras as pegadas  do poeta Díaz Castro, da man dos magníficos guías do  IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz . Neste instituto, con quen tamén fixemos intercambio hai dous cursos, levan tempo traballando de xeito moi activo en torno ao poeta que dá nome ao seu centro e que foi o conmemorado no  día das letras galegas no 2014 . A vez anterior estivemos no centro o día da celebración do centenario do nacemento de  Xosé María Díaz Castro  (1914-1989).  Nesta ocasión o alumnado (e profes acompañantes) percorreu o lugar  natal do poeta, na aldea do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz). Divididos en catro grupos aprenderon xogando cos rapaces que fixeron de guías.  Foi unha xornada festiva e interesante. Unha lúdica e instrutiva inmersión rural: O luns 20 de xuño recibimos aos de Guitiriz en Coruña e presentar...

En Guitiriz, tras os versos de Díaz Castro

Imagen
O pasado mércores, 19 de febreiro, coincidindo co centenario do nacemento do poeta Xosé Díaz Castro , os rapaces e rapazas do Club de lectura e Normalización Lingüística desprazámonos ao IES de Guitiriz que ten por nome o do poeta para compartir con todo o seu alumnado os actos de celebración dese feliz aniversario. Despois de ver o documental elaborado por eles, A lus do mundo , houbo preguntas, poemas , representacións e música... e nós participamos ... e ata cantamos. Esperamos a que nos devolvan a visita... Saberemos estar á altura. E de poeta en poetisa, desde a biblioteca, unímonos á celebración do día de  Rosalía , con carteis, música e, sobre todo, POESÍA.

Bos desexos de ano novo, entre contos e poesía

Imagen
Os últimos días de clase deste 2013 pasáronnos voando entre actividades, exames e notas. Non atopamos nin un minuto para dar conta aquí do feito. Así que facémolo agora, un pouco a touro pasado. O martes 10 de decembro, en lugar de dedicarnos á celebración do día dos Dereitos Humanos (que tamén tería estado ben), fixemos a nosa reunión do Club de lectura ao mediodía.  Visionamos a curtametraxe "A lus do mundo", recitamos algún poema de Nimbos , o único libro publicado de Xosé Díaz Castro, e logo ensaiamos algún dos contos infantís para lerlles aos pequechos e pequechas do CEIP Sagrada Familia. O martes 17 fomos un bo grupo de rapaces e rapazas (de 1º, 2º e 3º da ESO, máis Andrea, de 1º Bac) con dúas profes a lerlles contos aos máis cativos do Cole Sagrada Familia . Resultou unha experiencia inesquecible para quen participamos nela. Primeiro contáronlles contos á rapazada de 1º de Primaria, no salón de actos, e por grupos de entre cinco e oito. E logo, ...

A impresión que nos deixou ANOCA

Imagen
O pasado mércores 27 de novembro recibimos a visita de dous profesores do cárcere de Teixeiro acompañando a José Manuel, interno nesa mesma prisión. A experiencia resultou impactante (creo non esaxerar en absoluto). Coñecer de primeira man como é o cárcere, como se vive a cotidianeidade, o tedio e aburrimento do día a día, as decisións ou situacións que poden conducirnos a vivir alí... provocaron en todo o alumnado - e demais- unha profunda empatía. Penso que tamén nos impresionou a valentía e forza de vontade que poden sacar algunhas persoas, como José Manuel, para superar o feito e afrontar o presente e o futuro.  ANOCA , "Aprender NO CÁrcere", facendo significativo o seu nome, serviunos para aprender doutra maneira, para darnos unha boa lección de vida.  O alumnado de 3º e 4º da ESO, que tivo un magnífico comportamento, respectuoso e participativo (todo hai que dicilo), prometeu seguir en contacto a través do blog... Contamos con facelo...  Deixo aquí algunhas f...