Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día dos namorados

Premios de EXPRESarte II

Imagen
Recibimos un montón de amorosos caligramas e ben variados. Mirándoos, léndoos con calma, como podedes facer cando queirades, se pasades pola biblioteca, decidimos conceder os seguintes premios:  No nivel 1 (1º - 3º ESO e FPB ): Morelys de los Santos, de 1º ESO C (o mellor conxunto de texto e caligrama) Carlos Vélez Redondo, de 3º ESO B  (co texto máis surrealista) Devora Mishel Carrasco, de FPB Aloxamento e Lavandería (co texto máis amoroso) e Deyselle Sandes Gonzaga, de FPB Arranxos (co caligrama máis orixinal) No nivel 2 (4º ESO e Bacharelato):   David Docampo Segade, de 2º Bac B  (o máis entrañable, o mellor texto, o mellor caligrama) Marta Sandino Veiga, de 4º ESO (o máis estético) Yaiza Paz Ares, de 4º ESO (o máis simpático) Noraboa!!!

Expresamos sentimentos

Imagen
Cinxíndonos á tradicional (e para nós, non comercial) celebración do 14 F , o pasado venres enchemos a biblioteca de corazóns nos que expresamos con arte o amor e tamén a amizade por compañeiras, compañeiros... e mesmo profes. No recreo houbo tanta xente curiosa mirando as tarxetas, alegrándose e decepcionándose ao verse ou non alí, tanta risa, tanto cotilleo... que nos despistamos e esquecemos sacar fotos... ... fixémolo máis tarde, xa con menos xente arredor. Haberá que esperar uns días para que se decida cales foron as máis orixinais (que terán uns pequenos agasallo a fin de curso). Grazas por EXPRES- ARTE !!  

EXPRESarte

Imagen
EXPRES ARTE Grazas ao pulo e traballo da profe Margarita Azevedo e de bastantes voluntarios e voluntarias que colaboraron con ela, estamos xa poñéndonos a enviar mensaxes de amor e amizade. Como se indica nas bases do concurso, na biblioteca ofrecémosvos unha coidadas  tarxetas-corazón nas que  escribir artísticas MENSAXES DE AMOR ou AMIZADE dirixidas a quen se considere merecedor/a de tal honra.  Por un lado poñerase o nome da persoa destinataria e o curso, ademais do remitente (pode ser, con pseudónimo), e polo outro escribirase a mensaxe amorosa. Ha de procurarse que a mensaxe sexa orixinal, bela, con claridade literaria e, por suposto, profundidade sentimental.  Cando a tarxeta estea lista, depositarase na caixa que para tal fin se atopa na biblioteca. A data límite de entrega é o mércores 12 de febreiro . O venres 14 de febreiro expoñeranse todas as tarxetas co lado do nome de fronte para que as persoas destinatarias podan lelas. E días des...

Premios corazón

Imagen
Con disculpas polo retraso, quedan aquí algunhas das fotos da entrega de premios ás mellores mensaxes en "corazón breve".  Desta volta, os premios estiveron moi repartidos, e as categorías foron establecidas en función das propias mensaxes. Houbo premios para:  - a mensaxes máis entrañable: Ana Cedrón, de 1º ESO A - a mellor mensaxe para profes: Andrés Conde, de 1º Bac - la meilleure mensaxe: Andrea Barros, de 4º ESO A - a mensaxe máis literaria: Alberto Castiñeira, de PCPI - a melhor mensaxe: Erea Ramos e Sabela Mosteiro, de 1º Bac - a mensaxe máis graciosa: Junquera López e Antía Fuentes, de 4º ESO B -  a mensaxe con mellor rima: Beatriz Pinheiro, de 2º ESO B - a mensaxe máis poética: anónima. De novo, moitas grazas pola entusiasta participación... que esperamos continúe na seguinte actividade.

Fotos de paz e amor no Lugrís

Imagen
Déixovos aquí abaixo unhas cantas fotos -para a lembranza- das actividades coas que celebramos o día da paz e non violencia e todas as pegadas murais coas que decoramos o instituto (e unha do grafiteiro Banksy ao lado como modelo inspirador para outras ocasións). A continuación, tamén unhas poucas  da participación nos "corazóns breves",  expresión dos nosos sentimentos máis íntimos e amorosos.  En ambos casos, moitísimas grazas pola vosa colaboración e entusiasmo.

Cupido e Valentín

Imagen
Un deus romano e un sacerdote cristián, ambos relacionados coa Antiga Roma, que continúan a ser na actualidade os principais símbolos do amor. Cupido é, para a mitoloxía romana, o deus do desexo amoroso. Segundo algúns, fillo de Venus -deusa do amor- e Vulcano -deus do lume e os metais-, ou de acordo a outras fontes, fillo de Venus e Marte -deus da guerra-. Os parentescos, como sempre que nos adentramos na mitoloxía, son moitos e as súas representacións en pintura e escultura, innúmeras [A imaxe da esquerda é Natureza morta con Cupido , de Paul Cézanne].    Valentín foi un sacerdote de Roma  que no século III d.C. opúxose á lei promulgada polo emperador Claudio II que prohibía o matrimonio entre as parellas novas porque pensaba que os soldados eran mellores se non tiñan ataduras. O santo Valentín continuou a casar en segredo e isto levouno á prisión e a un tráxico final (martirizárono e finalmente matárono o 14 de febreiro do ano 270). En fin, o día de San ...

PAZ, AMOR, AMIZADE... *

Imagen
Pasou o día da paz (o 30 de xaneiro) e nós aínda andamos festexándoo... Nesta ocasión andivemos a voltas cun dos seus símbolos máis recoñecidos, e expuxemos algo da súa historia á entrada do centro; pero, sobre todo, dedicámonos a elaborar vistosos murais con lemas e frases en torno á paz rubricados coa pegada das nosas mans (a parte máis diver).  Ben, agora poñerémos a facer algo a respecto do día do namorados (ao que nós engadimos, a amizade... porque si). Seguindo a inspiración dunha idea traído pola profe Magdalena, propoñémovos escribir mensaxes (de amor, de amizade) sobre corazóns de papel (as bases estarán en cada aula).  E, por último, a próxima semana celebraremos na biblioteca sendas reunións do club de lectura. O mércores, 6 de febreiro, para 1º, 2º  e 3º ESO e PCPI (en torno a María Menéndez-Ponte), e o xoves para 4º ESO, Bacharelatos e Ciclos (centrados en bandas deseñadas). *Estaremos facéndonos hippies ?