9 feb. 2014

EXPRESarte

EXPRESARTE

Grazas ao pulo e traballo da profe Margarita Azevedo e de bastantes voluntarios e voluntarias que colaboraron con ela, estamos xa poñéndonos a enviar mensaxes de amor e amizade. Como se indica nas bases do concurso, na biblioteca ofrecémosvos unha coidadas  tarxetas-corazón nas que  escribir artísticas MENSAXES DE AMOR ou AMIZADE dirixidas a quen se considere merecedor/a de tal honra. 

  • Por un lado poñerase o nome da persoa destinataria e o curso, ademais do remitente (pode ser, con pseudónimo), e polo outro escribirase a mensaxe amorosa.


  • Ha de procurarse que a mensaxe sexa orixinal, bela, con claridade literaria e, por suposto, profundidade sentimental. 

Cando a tarxeta estea lista, depositarase na caixa que para tal fin se atopa na biblioteca. A data límite de entrega é o mércores 12 de febreiro.

O venres 14 de febreiro expoñeranse todas as tarxetas co lado do nome de fronte para que as persoas destinatarias podan lelas.
E días despois expoñeranse xa as mensaxes sen que se vexa a quen ían dirixidas. 

AS MELLORES TARXETAS SERÁN AMOROSAMENTE PREMIADAS. 

Anímate a expresarte con AMOR.


Lembrade que a celebración de San Valentín ten a súa orixe na época do Impero Romano. 
Valentín de Terni (s. III) foi un sacerdote que considerou que era inxusto un decreto emitido polo emperador Claudio II, polo que se prohibía o matrimonio entre xente nova, xa que na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados. Valentín desafiou ao emperador celebrando matrimonios entre persoas novas -e namoradas- ás agachadas. O emperador enteirouse, mandouno encarcerar, e  máis tarde martirizar (torturar, diríamos na actualidade) e logo executar o 14 de febreiro de 270. 

Tamén ten que ver con Cupido, pero diso faleremos outro dia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario