Nas Letras Galegas, "tomemos a palabra"
Como sabedes, cada ano no 17 de maio conmemoramos o centenario da primeira edición en 1863 da obra Cantares Gallegos , de Rosalía de Castro , primeira homenaxeada nas Letras Galegas 1963. A edición deste ano 2013 está dedicada ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950- 2002), autor, director e actor de teatro. Sen dúbida algunha, unha figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego e o dramaturgo máis prolixo da historia da lingua galega. Vidal Bolaño quixo profesionalizar o traballo de contar historias sobre un escenario. Na súa andaina pódense distinguir dúas etapas: unha primera, a do Teatro Antroido (1978-1985), na que diríxese ao público infantil e adulto e inspírase en manifestacións parateatrais festivas galegas de carácter popular, especialmente o Entroido; e unha segunda etapa, a do Teatro de Aquí (1991-2002), xa para un público adulto e culto, intentando integrar no ...