24 nov. 2019

NOVAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA: LORETO SESMA E SHEL SILVERSTEIN

O xoves 21 de novembro tivemos no recreo a reunión do Club de Lectura CL3. Falamos sobre a poesía de autores novos e , en concreto, sobre Loreto Sesma, unha autora que se deu a coñecer polas redes sociais.
Tivemos a oportunidade de ler e comentar algunas das súas poesías e publicacións en instagram, así coma unha carta a outro novo autor, Defreds.
Tamén aproveitamos que o luns 25 se celebra a conmemoración do Día Internacional da Eliminación daViolenza contra as Mulleres para ler algún dos poemas de Loreto Sesma máis reivindicativos.










Ademáis, o venres 22 tivo lugar a segunda reunión do CL3, Reading Club, sobre o autor Shel Silverstein. Seguimos a ler os seus poemas cheos de humor e ironía, con moi boa aceptación por parte dos rapaces e rapazas asistentes, e coa ventaxa engadida de pasar un rato divertido falando en inglés coa nosa auxiliar de linguas Rachel.



















22 nov. 2019

CLUB DE LECTURA: MARIO BENEDETTI E RUPI KAUR

As reunións do Club de Lectura da semana pasada tiveron como protagonistas, por unha banda,  a Mario Benedetti, no Club en Lingua Castelá do xoves para 1º e 2º de ESO  e, por outra parte, no Reading Club do venres para 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP, a Rupi Kaur.
Seguimos coa poesía, con moita participación por parte do alumnado e tamén con profesorado que se anima a involucrarse nestas actividades.







Agradecemos a colaboración de Francisca e África, tanto por participar no Club de Lectura como polas fotos. 

11 nov. 2019

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: SHEL SILVERSTEIN


O venres 8 tivemos a primeira reunión do CL3: Club de Lectura en Inglés para 1º e 2º de ESO.
Rachel, a  nosa auxiliar de lingua estranxeira, presentounos a obra de Shel Silverstein.
Os rapaces leron algúns dos seus poemas e os comentamos.




PRIMEIRAS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA

Comenzamos a nova andadura do noso Club de Lectura coas primeiras reunións:

O xoves 24 no recreo tivemos a primeira reunión do CL1: Club de Lectura en Galego con alumnos de 1º e 2º de ESO. Fixemos lectura de poemas de Poetízate, de Fran Alonso.





E o venres 25 tivemos a primeira reunión do CL4: Club de Lectura en Inglés para 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP.
Seguindo coa poesía, falamos de Rupi Kaur: a súa obra e a curiosa maneira na que se deu a coñecer. Ademáis, limos algúns dos seus poemas.