Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Cine

Viaje al centro de la tierra

Imagen
O martes  9 de decembro concluímos a nosa temporada con Jules Verne , vendo a película " Viaje al centro de la tierra ", na versión do 2008, chea de efectos especiais. Quedamos con ganas de vela en 3D. Aproveitamos, ademais para ensaiar o conto de El tren saltamontes , de Alfredo Gómez Cerdá , que imos ler aos pequerrechos do CEIP José Cornide Saavedra , veciños nosos o próximo venres 12 . 

A impresión que nos deixou ANOCA

Imagen
O pasado mércores 27 de novembro recibimos a visita de dous profesores do cárcere de Teixeiro acompañando a José Manuel, interno nesa mesma prisión. A experiencia resultou impactante (creo non esaxerar en absoluto). Coñecer de primeira man como é o cárcere, como se vive a cotidianeidade, o tedio e aburrimento do día a día, as decisións ou situacións que poden conducirnos a vivir alí... provocaron en todo o alumnado - e demais- unha profunda empatía. Penso que tamén nos impresionou a valentía e forza de vontade que poden sacar algunhas persoas, como José Manuel, para superar o feito e afrontar o presente e o futuro.  ANOCA , "Aprender NO CÁrcere", facendo significativo o seu nome, serviunos para aprender doutra maneira, para darnos unha boa lección de vida.  O alumnado de 3º e 4º da ESO, que tivo un magnífico comportamento, respectuoso e participativo (todo hai que dicilo), prometeu seguir en contacto a través do blog... Contamos con facelo...  Deixo aquí algunhas f...

Crimes en Oxford e outros contos de terror...

Imagen
O pasado mércores 13 de novembro quedamos unhas poucas "escollidas" a ver a película española Los crímenes de Oxford a mediodía. Este filme trata sobre crimes cometidos seguindo unha serie lóxica ou matemática. Nela fanse moitas referencias ao filósofo austríaco L. Wittgenstein (autor da nomeada cita: "Do que non se pode falar o mellor é calar") e tamén á escola grega dos pitagóricos ; amósansenos as rúas de Oxford coas súas magníficas librarías e tranmítesenos a paixón con que se poden vivir as matemáticas. Á profesora Camino, que estivo con nós, non se lle pasou por alto un dos gazapos da película: nun momento fálase dun premio nóbel de matemáticas..., pero non hai premios nóbel nesta materia ( por que será? ).                                  Cambiando de tercio, o prazo do concurso dos Microrrelatos de terror, non foron moitos os presentados, aínda que si de boa calidade. Axiña direm...

Sesión de cine con Sherlock Holmes

Imagen
Este martes pasado quedamos ao mediodía no Insti para ver a película de Sherlock Holmes (2009), coa desculpa de que estamos cun libro de intriga ( La tuneladora ) no Club de lectura. Como sabedes, o personaxe de She rlock Holmes (e o seu inseparable Dr. Watson) é unha creación do escritor (e médico) inglés Arthur Conan Doyle , quen escribiu 69 historias con este nomeado detective.  Temos algunhas delas na biblioteca.  Hai un montón de versións no cine das historias de Conan Doyle, pero nós decidimos visionar unha das máis recentes.  Esta vez tivemos bastante éxito de público, posto que ademais dos seguidores/as do Club de lectura, asistiron moitos de 4º ESO B (seguindo a invitación da profe de inglés). Desta volta non hai constancia gráfica porque nos metimos na peli (e nos bocatas) e esqueceusenos sacar fotos. Fica a lembranza na na nosa cabeza... Aproveito para anunciar que o próximo martes 28 no recreo reunirémonos para preparar a excursión do Club de lectura...

Martes de cine con Mortadelo e Filemón

Imagen
Lémbrovos que este martes, 26 de febreiro, quedamos a xantar na biblioteca mentres visionamos "La gran aventura de Mortadelo y Filemón".  Coa desculpa de que no club de lectura (2) estamos a centrarnos nas bandas deseñadas, a película deste martes rende homenaxe a un dos autores máis importantes do cómic (ou tebeo, como diciamos antes) español, a Francisco Ibáñez . Trátase dun autor gráfico que malia levar moitos anos traballando segue creando historietas de actualidade e creando personaxes que nos quedan moi perto, como Rojoy e Rubacalva . Francisco Ibáñez , ademais de ser o creador de Mortadelo e Filemón, tamén o é de tiras cómicas como 13 Rue del percebe , Rompetechos, el botones Sacarino, Pepe Gotera y Otilio , etc. Espero que todas e todos gocémolo moito! Ah! Nun ámbito ben diferente, pero non menos importante, que non se nos esqueza que, hoxe 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, coincidindo co 175 aniversario da seu nacemento (o...

Con Marco Polo, en tarde de martes

Imagen
Estreamos un novo uso da nosa biblioteca: xantar con bocatas mentres visionamos unha peli. Era un filme antigo -de 1938- en branco e negro sobre As aventuras de Marco Polo . Comentamos os decorados da época, os actores ( Gary Cooper , de actor principal), etc. Aprendimos cousas como que os espaguetis e os fogos artificiais foron traídos da China por Marco Polo, e, sobre todo, pasamos un anaco agradable, tanto profes (todo un éxito a este nivel...) como rapaces e rapazas (ben, pero aspiramos a mellorar en cantidade... que non cualidade). Para quen sigades co libro, pensade que a trama da película sería anterior ao que acontece en  O segredo de Marco Polo , ficcionado por Francisco Castro . Bo Nadal, e bo ano novo a tod@s...  Toca xa desconectar para volver con renovadas forzas e novos proxectos.