Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Bloody Sunday

Comezamos cos BOOKTRAILERS

Imagen
Grazas a que nos concederon o contrato-programa que solicitara o Instituto, puidemos comezar a aprender como facer booktrailers (avances de libros). O pasado mércores 29, Cristina De la Torre, ilustrounos con gran información sobre os diversos modos en que se pode invitar á xente a ler un libro ou/e ver unha película. Os moi numerosos e variados participantes q uedámonos coa idea de que o importante é ter unha historia que contar e á que invitar... e de que debemos darlle ilimitado uso á nosa imaxinación.  A partir de agora, imos dividirnos en grupos para traballar con historias concretas (de teatro, de contos, de intriga, en francés, en galego...) e... ao final de curso veremos os prometedores resultados.  Para quen participa, lembrade que temos un lugar en google drive (ligado ao correo do Club de lectura. lerunmardecontos@gmail.com), onde está toda a información sobre os obradoiros, o calendario de encontros, o equipo técnico etc. Para acceder, tedes que preguntar p...