Concurso de caligramas amorosos
Este ano animámosvos a crear de novo unha imaxe con palabras, é dicir, un caligrama , ao estilo dos que facía o artista francés Guillaume Apollinaire . Deberá aludir ao AMOR en todas as súas dimensións: alegría sentida, tristeza pola perda ou separación, bágoas vertidas, cancións compartidas, tempo vivido... Os textos poderán escribirse en galego, castelán, inglés ou francés. Ofrecemos dúas opcións: a) E lixir un poema dun autor /a que vos guste e converter eses versos en imaxe caligramática. b) Escribir o voso propio poema e convertelo en caligrama. O prazo de entrega será ata o 10 de febreiro na BIBLIOTECA ANÍMATE E PARTICIPA! O premio será moi artístico!