17 mar. 2018

Persoas gañadoras do Concurso do día das mulleres

No Concurso de letras-pistas do Día das mulleres resultaron gañadores: 
  •  Gabriel Alonso Rodríguez, 2º ARI
  •  Rocío Gómez Llanos, 2º Bach
  •  Daniel Irigoyen Mallo, 1º ARI
  •  Pedro Reimúndez Martínez, 4º ESO
  •  José Manuel Sanlés Vázquez, de 1º ARI
Todos eles concursaron no nivel 2.  NORABOA!!!

O nivel 1 quedou deserto. 


Entre estes rapaces sortearemos o premio o próximo xoves 22 no recreo, na Biblioteca

Moitas grazas pola vosa participación!!!

Por certo, as solucións son as seguintes: 

11 mar. 2018

Preguntas para pensar: a vida boa e as mulleres

As anteriores sesións do Club de lectura (22 e 23 de febreiro) dedicámolas a pensar en torno a "En que consiste a vida boa?" e centrámonos especialmente nas figuras de Epicuro e de Marco Aurelio. A partir de citas de ambos, comentamos e fixémonos preguntas. A cada paso, agroman con máis fluidez. 
Fixemos referencia aos libros de Maite Larrauri, "La amistad, según Epicuro", El ejercicio, según Marco Aurelio", ambos da colección de "Filosofía para profanos", moi amena e interesante. 






















A última sesión deste trimestre dedicámola a unha pensadora, neste caso Concepción Arenal, debido á cercanía co Día das mulleres. Recollimos citas de "La mujer del porvenir" e outras obras.





En breve, diremos os resultados do Concurso de pistas-letras do Día das mulleres. 

4 mar. 2018

Recta final do Torneo de xadrez

O próximo luns 5 de marzo terá lugar a séptima e última ronda do torneo de xadrez, que se realizaron seguindo o sistema suizo. 

Ao longo destas semanas, vivíronse bastantes recreos intensos. 





Logo dos exames e das vacacións de Semana Santa, realizaremos unha semifinal e final  coas catro persoas participantes con maior puntuación. Será nos recreos do martes 17 de abril e mércores 18 de abril. E na semana seguinte, o mércores 25 de abril, terá lugar no noso centro a Festa do xadrez intercentros.