28 feb. 2019

Lanzamos un CONCURSO DE VIDEOPOESÍA

Para celebrar a inminente chegada da primavera, xunto co Día da Poesía propoñémosvos un concurso de VIDEOPOESÍA coas seguintes bases. 


BASES:

- O vídeopoema deberá indicar o título do poema e o nome do autor ou autora no que se inspirou.

- O tema dos poemas utilizados ten que ter algunha coa NATUREZA EN SENTIDO AMPLO.

- Pode presentarse en galego, castelán, inglés ou francés.

- A súa extensión será como máximo de 3 minutos.

- O tratamento estético e visual será libre.

- O formato será preferentemente en MP4 ou compatible con este.

- O vídeopoema ha de enviarse ao correo electrónico
lerunmardecontos@blogspot.com indicando no asunto CONCURSO VIDEOPOESÍA. E no corpo da mensaxe debe ir o nome e curso.

- Pode ser individual ou por parellas.

- Data de entrega límite: 19 de marzo (sen aprazamento posible).

- O xoves 21 de marzo no recreo proxectaremos na Biblioteca os tres vídeopoemas finalistas e o público (60%) xunto cun xurado de profesorado (40%) decidirá o primeiro premio.

- O primeiro premio consistirá nun vale por 30 €. E o segundo e terceiro terán vales de 15 €.

25 feb. 2019

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA



No acto de inauguración 


Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala. 

A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de AULAS EN FEMININO, que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome. 

20 feb. 2019

A próxima semana coñeceremos aos campións de xadrez!!!







Acabada a séptima ronda do torneo suízo de xadrez o pasado martes, xa temos os resultados e polo tanto xa sabemos quen son as catro persoas que xoguen a semifinal o próximo martes 26 no recreo. 




Noraboa!!!

4 feb. 2019

Sesión dobre con Antía Yáñez


Hoxe estivo entre nós a escritora Antía Yáñez falando de dous dos seus libros, O misterio de Portomarín e Senlleiras. De como foi o encontro relátannos dous participantes. 

Alba Vázquez Botana (1º Bach) fai de magnífica cronista da primeira charla, cos maiores: