Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da paz

Paxariñas por Sadako: Reto conseguido!!!

Imagen
Grazas á colaboración de múltiples hábiles mans, sobrepasamos amplamente as 356 paxariñas e grúas de papel que lle faltaron a Sadako Sasaki para acadar as mil figuras de papel coas que, segundo a lenda nipona, tería cumprido o seu desexo de sanar.  Para nós, foi un xesto pola paz e a non-violencia, unha forma de aprender maneiras de canalizar enerxías, de cultivar a paciencia, de traballar conxuntamente por un fin compartido. Foi toda unha experiencia de traballo colaborativo con moi variados equipos: para aprender e facer paxariñas e grúas, para montar chapas, e logo para contar as figuras, ensartalas, fixalas e colgar todo o feito. Participou moi activamente o profesorado do Departamento de matemáticas, en especial María Deive e de moitos outros, poñendo música e imaxes de fondo e contribuíndo coas paxariñas que se acababan de aprender a facer.  Grazas a todos eses grans de area de tantos e tantas aportáchedes !!! A gozar do  Entroido ! ...

Paxariñas pola paz

Imagen
Para conmemorar o Día internacional da paz e a non violencia , o próximo martes 30 de xaneiro propoñemos elaborar paxariñas e outras figuras en papel  no recreo e nas clases. Practicar origami (elaborar figuras en papel) require concentración, relaxación, habilidades e práctica… Invítanos á serenidade e á paz… Nas paxariñas de cores poderemos escribir poemas e frases que teñan que ver coa paz Trae pensada o teu lema e nós ensinámosche a facer a paxariña Logo colocarémolas todas xuntas facendo un decorado… Queremos relacionar esta actividade coa  LENDA DAS MIL GRÚAS DE PAPEL e a   HISTORIA  DE SADAKO SASAKI Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grúas de papel. A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial. Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. De...