O próximo mércores, 12 de novembro recibiremos a visita do escritor e editor Francisco Castro (Vigo, 1966-). Vai estar con nós para falarnos sobre todo de Chamádeme Simbad , un libro que moitos de vós estades a ler. Con el, espero que nos mergullemos en mundos diversos: desde os puramente aventureiros, como Simbad ou Verne, ata problemáticas como o alzhéimer , a vellez e as relacións interxeracionais, pasando por... En fin, xa o contaremos. Francisco Castro ten tras de si unha gran produción literaria, dirixida algunha a público xuvenil, outra a infantil e tamén a adultos. Unha gran variedade froito dun laborioso saber facer que se gana a pulso libro a libro e traballo a traballo. Algúns títulos para lembrar son: O corazón da Branca de neve, Un bosque cheo de faias, O ceo dos afogados, Spam, As palabras da néboa, In vino veritas, O segredo de Marco Polo etc. Por outra banda, as nosas lecturas nos Clubes avanzan. No CL2 (entendémonos, non si?) van a pasar a ...