27 abr. 2013

Lendo...

Durante esta semana, do 22 ao 26 de abril, desde a biblioteca dedicámonos  a festexar o día do libro... fixémolo lembrando a orixe deste día, dedicado  a conmemorar a "cuase" coincidencia da morte de varios grandes da literatura en 1616: Cervantes,  Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega
Neste tempo poidemos disfutar no insti de variadas coleccións de ilustracións e imaxes do Quijote, cedidas todas elas pola bibliotecalandra do IES Parga Pondal, e podedes ver moitas máis exposicións sobre iconografía do Quijote na web. 
A nosa principal actividade foi a lectura dalgunhas aventuras do Quijote o martes na biblioteca, mentres escoitabamos música barroca. Fican aquí fotos para a lembranza; hai máis no ordenador da biblio...
















Algúns, ademais, foron á busca de refráns de Sancho Panza por todo o centro e... atopáronos.  Estes, en lugar dunha rosa xunto ao libro como fan en Cataluña para celebrar o San Jordi, terán unhas chuches o luns no recreo na biblioteca.

20 abr. 2013

Con Yolanda Castaño, con poesía

O pasado mércores 17 de abril tivemos o luxo de compartir unha hora de poesía con Yolanda Castaño. Reflexionou sobre o tema, recitounos poemas seus e espoleounos "un pouco moito" a inserirnos nesta forma literaria que a cotío nos bota para atrás, tanto para escribir como para ler. 
Deíxovos aquí un dos poemas (do seu libro Delicia, de 1988) que nos recitou e co que botamos a voar a imaxinación:

  Se falase de ti non pronunciaría 
  as sílabas supremas
  pero bicas ben e gústame estar contigo.
  O meu verde co teu azul.




  Delirio de ramas.
  O meu verde co teu azul.

  Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes
  pero gústame cómo abrazas e o teu pelo fai xogo co meu vestido.
  Os teus dedos patinan nas miñas medias.
  O meu verde co teu azul.



E como con poesía estamos, aquí fica tamén o simpático poema que Cristian Almonte Vicente (de 1º ESO A) realizou como tarefa de clase coa profesora Celiz.
Titúlase: "Hacer un soneto"

  Buscaba entre mi tiempo un aprobado,
  buscaba entre mis libros una nota,
  procurando que no estuviese rota,
  ahora mi esfuerzo lo ha encontrado.

  Ha sido duro pero hemos llegado,
  ha sido bonito tocar mi cota,
  aunque hayamos gastado la bota,
  tan bonito ha sido que lo hemos cantado.

  Nos llevó tiempo encontrar el tesoro,
  estaba oculto en nuestro equipaje,
  tan solo eran aprobados y no oro.

  Largo y excitante ha sido este viaje
  hemos topado piratas con loro,
  agradecemos el aterrizaje.

Temos moitos e moitas máis poetas e literatos polo insti. Se me dan permiso, faremos públicos algúns outros traballos en próximas entregas. 

Agora toca prepararnos para festexar o día do libro; volveremos sobre Cervantes e o seu Quijote... 

9 abr. 2013

Lembranza de José Luis Sampedro

Hoxe nos medios, falouse moito da morte do escritor e economista José Luis Sampedro (1917-2013). Non é para menos. Foi unha persoa entrañable, coherente e comprometida como poucas. As súas obras literarias máis coñecidas son El río que nos lleva  (1961), Octubre, octubre (1981) e, quizais, sobre todo, La sonrisa etrusca (1985). En economía ten escritos libros moi interesantes e de completa actualidade como El mercado y la globalización (2003) ou Economía  humanista. Algo más que cifras (2009).
Haberemos de revisar como están os fondos na nosa biblioteca de obras súas... 
Unímonos a Forges no noso cariño á hora de lembrar a súa estimulante figura:




Aproveito a entrada para comunicarvos que no recreo de hoxe realizamos o sorteo do concurso "Coñécesnos?", na categoría de 1º-3º ESO e PCPI na que había cinco acertantes e o premiado foi: Alejandro Espiñeira, de 2º ESO A. 
 Lembrade tamén que mañá mércores 10 temos reunión do club de lectura no recreo. Ata entón.






5 abr. 2013

Premios para "Coñécesnos"?

Finalmente, podemos falar xa dos e das gañadoras do concurso de investigación "Coñécesnos?" a través do cal coñecimos algúns importantes rostros de mulleres aos que lles puxemos nome. 
Redobre de tambor... Os premios son para: 


- Na categoría de 4º ESO, Bacaharelato e ciclos: 

  •  DAVID DOCAMPO,  de 1º Bac


- E na categoría de 1º-3º ESO e PCPI: 


  • MORA CANOSA,  de PCPI Comercio
  • ALEJANDRO ESPIÑEIRA, de 2º ESO A
  • JOSÉ MARÍA EXPÓSITO,  de 2º ESO A
  • AARÓN FIGUEIRA, de 2º ESO A
  • DELIA SIERRA,  de PCPI Comercio
Nesta categoría, e como estaba previsto nas bases do concurso, realizarase un sorteo entre os acertante para ver quen se queda co premio. Realizaremos o sorteo publicamente o martes 9 de abril, no recreo, na biblioteca.
Os premios entregaranse na festa de fin de curso.

Xa que estamos, lémbrovos que o próximo mércores 10 de abril faremos unha nova reunión do club de lectura no recreo. Esperamos contar xa con exemplares de La tuneladora, de Fernando Lalana, para comezar coa lectura de suspense e intriga deste trimestre.