Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

Carlos Negro entre nós

Imagen
Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro , recitando poesía dos seus libros  Penúltimas tendencias e  Makinaria .  Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos  e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha. Por outra banda, este encontro foi o punto culminante  deste primeiro trimestre para  o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo no s mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar  sobre a forma de rachar  con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria. Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;) Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de lectura de Galicia, por ser o autor má