Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da biblioteca

Día da biblioteca, dedicado aos axudantes

Imagen
Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o  Día Internacional da Biblioteca , co obxectivo de conmemorar a destrución da Biblioteca de Saraxevo , incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns .   Coas novas axudantes Nós dedicamos esta semana, en particular hoxe mércores 25, a celebrar o Día da Biblioteca escolar.  E centrámos sobre todo na figura de  axudante  de biblioteca, como unha forma de agradecer a súa colaboración clave para o bo funcionamento da nosa biblioteca .    Aproveitamos tamén para agradecer os poéticos barquiños de papel que nos fan navegar no noso particular mar de contos. E, con eles, por suposto, falamos da   Biblioteca lugar para pensar Animámovos a que leades a mensaxe de  Alejandro Palomas  para celebrar o día da Biblioteca deste ano. Leva o suxestivo título de "Como Mary Poppins, pero sen voar". E se aínda tedes máis ánimo para ler, quedan...

Día da biblioteca

Imagen
O luns 24 de outubro celébrase o día da biblioteca en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. O único que imos facer para celebralo é colgar o simpático pregón  elaborado por Ledicia Costas   para este día. É unha  autora a quen moitos coñecedes grazas á súa Escarlatina, a cociñeira defunta e moitos outros libros.  Aproveito para lembrarvos que xa están en marcha todos os grupos do Club de lectura, todos con moito éxito e tamén que xa temos conta do Club en instagram  . E que de inmediato propoñémosvos un concurso sobre Bob Dylan.  Feliz día da Biblioteca! PREGÓN DE LEDICIA COSTAS   POLO   DÍA DA BIBLIOTECA 0 24 DE OUTUBRO    Un vagalume é unha illa perdida na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas ...

Día da biblioteca no Lugrís

Imagen
Hoxe celebramos o día da biblioteca , deixando coloreados comentarios sobre o que significa para nós, e dedicándoo aos voluntarios que nos axudan nos recreos. Os do curso pasado recibiron, da Directora, o seu diploma oficial e para os deste curso temos chalecos distintivos para visualizalos mentres colaboran.  Grazas pola vosa participación e axuda.