Achegándonos ao "Sundaché caló"
A próxima semana comezamos coas reunións dos tres grupos do club de lectura. Si, tres. Ademais dos CL1 e o CL2 (por cursos), temos un novo grupo de lecturas sobre temática xitana, co que queremos aproximarnos ao " sundaché caló " (mundo xitano). Este grupo está dirixido pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Xulia Regueiro, e desenvolverase -na biblioteca- os martes a séptima hora, pola tarde. Empezamos lendo un conto titulado sobre un "Balichó"... Poñeremos a máxima ilusión para que funcione moi ben. Queda aquí un inspirador vídeo titulado "La Leonor real y otros niños reales" Tamén #YoNoSoyTrapacero #YoNoSoyTrapacera, xa un clásico: Todas as ideas, suxestións e aportacións de calquera tipo para esta semente de grupo serán ben recibidas...