Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Tim Burton

Microrrelatos de terror... e outros concursos

Achégase o Samaín , e para celebralo á nosa maneira convocamos o II Concurso de Microrrelatos de terror do noso centro. Este curso ten novidades -lingüísticas- respecto á anterior edición. A continuación tedes as bases: BASES DO CONCURSO: Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), e encadrarse dentro do xénero do terror. Os microrrelatos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Os microrrelatos poderán estar escritos en galego, castelán, inglés e francés. E deberán comezar, dependendo do idioma elixido, das seguintes maneiras: - EN GALEGO : “Falábase moito do lobo da xente, ese lobo que come carne humana...” [ X. MIRANDA, Pel de lobo ] - EN CASTELÁN: “Ya estaba cerca, a unos metros, pero ellos estaban paralizados. De pronto vieron la sangre...” [SIERRA I FABRA, Asesinato del profesor de matemáticas ] - EN INGLÉS : “This morning about the three o`clock, we were woken by a series of ter...