Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Entrega de premios de xadrez e de cinema pola igualdade

Imagen
Este pasado venres 28 de maio, ademais de inaugurar varias Aulas en feminino , no recreo entregáronse varios premios:  - PREMIOS CINEMA POLA IGUALDADE, organizado polo Club de cinema Atlántida, Dinamización Lingüística e o Equipo de Igualdade   Podedes ler os textos de  Diego Mella Luaces , de 1º STI B,   Adela Villar Uzquiano , de 2º Bach,   Diego Rosua López , de 4º ESO B,      Manuel Mariño Martínez , de 1º STI e    Carmen Tomé López , de 1º Bach,  en " Comentarios críticos de películas relacionadas coa igualdade de xénero "  

Concurso de microrrelatos 20/21

Imagen
                                                             Para ir rematando este curso tan atípico, o Club de lectura convoca o Concurso de microrrelatos 20/21  de tema libre. A continuación tedes as bases. BASES DO CONCURSO: 1. Os microrrelatos debes sen inéditos (non copiados). 2. A extensión máxima é de 125 palabras. 3. Os microrrelatos poden estar escritos en galego, castelán, inglés e francés. 4. O tema é libre. 5. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía. 6. O prazo de entrega remata o xoves 3 de xuño. 7. Os microrrelatos entréganse na biblioteca co voso nome, apelidos e curso. 8. O primeiro premio consistirá nun vale por 30 euros e o segundo e terceiro tendrán vales de 15 euros. Moito ánimo e a escribir!                                            

V Torneo de xadrez intercentros

Imagen
Este pasado venres 21de maio achegámonos ao IES Rafael Dieste para xogar un torneo de xadrez. Debido á situación pandémico trasladámonos con pouco alumnado, con aquel que foi máis regular no torneo de  de xadrez on line do centro. 

Clubs de lectura: xuntanzas dende febreiro a maio

Imagen
Seguen a reunirse os Clubs de lectura nos recreos dos luns e dos xoves. Nalgún caso tivemos que pospoñer a reunión porque os e as participantes tiñan exame, polo que reestruturamos o calendario. Aínda así, avanzamos coas lecturas. Os alumnos e alumnas máis novos seguen participando sempre. Aquí os temos en febreiro con Rachel, no Club de inglés, seguindo coa lectura de Wonder . Nos Clubs en lingua castelá estamos a ler Hozuki, la librería de Mitsuko. En inglés, seguimos con Looking for Alaska  en reunións con lectores/as de 3º de ESO: E con alumnos e alumnas de 4º de ESO: Mencionar tamén que no Club de lectura recibimos libros en inglés que están á disposición do alumnado e que xa están a levar a casa con moi boa aceptación xa que hai lecturas para todos os niveis.

Antía Yáñez fálanos de "Be water"

Imagen
  Cóntanos Jorge Gutiérrez Carrollo (3ºESO B): O pasado venres, 7 de maio, visitounos a escritora galega Antía Yáñez Rodríguez, para falar ao alumnado de 3º da ESO do seu último libro, Be Water , que previamente leramos neste curso.