Antía Yáñez fálanos de "Be water"

 






Cóntanos Jorge Gutiérrez Carrollo (3ºESO B):

O pasado venres, 7 de maio, visitounos a escritora galega Antía Yáñez Rodríguez, para falar ao alumnado de 3º da ESO do seu último libro, Be Water, que previamente leramos neste curso.

Entre outras cousas, Antía falou sobre o feito de decidir que a auga fora unha parte tan importante da novela, o uso da mesma e da importancia de que a auga sexa accesible para todas as persoas. Tamén falou dalgunhas dificultades sobre o acceso á mesma, así como da desigualdade entre homes e mulleres por motivos sociais, mencionando, por exemplo, a problemática da necesidade de auga durante a menstruación e o proceso do embarazo.

Nesta mesma liña, a autora burelá explicou por que decidiu que a protagonista de Be Water, Iolanda, fose muller, xa que estas antes estaban (é por desgraza, aínda que menos, seguen estando) moi pouco representadas, e cando hai representación o máis común é que esta siga unha serie de estereotipos normalmente misóxinos. Antía puxo o exemplo das novelas románticas, nas que normalmente é o home o que ten experiencia sexual, mentres que a muller é virxe, por iso en Be Water é Iolanda a que ten experiencia e o home (Aquiles) o inexperto, a causa dun trauma ocasionado por unha violación, tema do que se fala pouco e a autora tamén o quixo visibilizar.

Finalmente, na ronda de preguntas, Antía confirmou que escribirá a continuación de Be Water durante este verán, e logo asinou exemplares dos seus libros. Foi un pracer recibila e agardamos que volva pronto!            

       

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego