Pasaporte en marcha!
O proxecto Pasaporte Lugrís xa está en marcha e con moito sabor. Un equipo de arredor de máis de trinta persoas estamos traballando desde a biblioteca do centro en crear un relato multicultural sobre a diversidade que hai no instituto. Que diversidade? Pois a que arroxan os datos. Lembrades a enquisa que vos pedimos cubrir? Cubrírona máis de duascentas persoas e estes son algúns dos resultados: Nesa enquisa case o 80% do alumnado aseguraba que se relaciona con xente doutra nacionalidade no instituto, máis do 50% teñen amigos dunha cultura diferente no barrio, e un 33% ten contacto con xente doutros países en Internet. Outros datos que nos chamaron a atención foron que o 30% do alumnado fala un idioma diferente ao español e o castelán, ou un porcentaxe similiar cambia de idioma segundo se dirixa ao profesorado ou aos amigos. Neste cadro podedes ver parte da información que recollimos e que estamos a empregar para o noso proxecto. GASTRONOMÍA, A GRAN PROTAGO...