Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Adiós Ríos en 12 idiomas

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA

Imagen
No acto de inauguración  Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala.  A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de  AULAS EN FEMININO , que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome.