Cuestionando estereotipos
No CL1 e CL2 esta semana pasada dedicámola a ler poemas de Carlos Negro , dos seus libros Makinaria , Penúltimas tendencias e Masculino singular . (Se pinchades nas obras escoitaredes a voz do poeta falando e recitando as súas poesías). Recitamos os seus poemas que, por suposto, nos levaron a cuestionarnos estereotipos masculinos e femininos. Recitamos, comentamos, cavilamos... Deixamos aquí un vídeo-poema que ten como letra o poema "Just for men", de Masculino singular. Non nos deu tempo na sesión, polo que podedes facelo agora. E tamén esta semana comezou o CL3, o de cultura xitana. Comezamos co vídeo "A pregunta de Samuel", que por si só xustifica este grupo do club de lectura. Tamén aquí o que queremos é cuestionar estereotipos e prexuízos. A ver ata onde chegamos...