Pensando no amor e no desamor con RUPI KAUR
As pasadas semanas dedicamos as sesións do Club de lectura á poesía da indo-candense Rupi Kaur . Limos a entrevista " Escribo para que las mujeres encuentren palabras que expliquen su sufrimiento ", deténdonos un pouco na súa biografía e logo comentando a famosa foto viral na que se a ve cunha pequena mancha da regra e tamén a súa visión da escritura como terapia para situacións de sufrimento. Recitamos varias poesías súas do seu libro" Otras maneras de usar la boca " (en inglés, Milk and Honey ). E como as sesións coincidiron cerca do Día Internacional contra a Violencia machista puxemos un taboleiro na entrada do instituto con poesías de Rupi Kaur que consideramos inspiradoras para cavilar sobre este tema.