Día da muller con matemáticas
Este ano celebramos o día das mulleres adentrándonos en figuras de grandes mulleres matemáticas. Na entrada do Instituto temos colocada a exposición " Muller, innovadora na ciencia " e, a través do profesorado, poderedes poñer a proba as vosas facultades investigadoras cun cuestionario no que se vos propoñen pistas para acertar a que muller matemática se corresponde cada unha. Entre outras cousas, fixádevos no referente á matemática coruñesa María Josefa Wonenburger Planells , sobre que falara o luns 9 (a 4º ESO e 1º Bac) a profesora Mercedes Sampayo , e a quen lle acaban de dedicar unha rúa ben perto do noso insitituto. Anima ao profesorado a que vos poña a proba! (E fíxate no nome das rúas ao volver a casa...) E xa que estamos celebrando ese día, e saíndonos da ciencia, recoméndovos o blog minoviomecontrola... lo normal