Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Roberto Varela Urrutia

Festival de cine xuvenil europeo: fomos xurado

Imagen
Cóntanos o profesor Roberto Varela Urrutia, o coordinador do Club de cinema: Este pasado domingo, día 5 de maio, participamos por primeira vez na Coruña na Young Audience Award . Este certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello de A Coruña, consiste na elección da mellor película europea para o público xuvenil. Participaron neste evento 4000 mozos e mozas, entre 12 e 14 anos, de 45 cidades de 35 países. En España desenvolveuse nas cidades de A Coruña, Sevilla, Madrid e Barcelona. O evento tivo lugar nos cines dos Cantóns onde se proxectaron as tres mellores películas xuvenís do 2019.

De roteiro polo Courel: Vilamor-Froxán

Imagen
O pasado mércores, día 25, na compaña de 40 alumnas e alumnos de 4º de ESO, 1º de Bacharelato, 1º de STI e 2º de ITC andivemos polo Courel Baixo facendo un roteiro entre Vilamor e Froxán , pasando pola aldea de Vilar.