Sorprendéndonos con Frida Kahlo
Comezamos xa a nova serie de reunións do Club de lectura do curso. Desta volta, contemplando os cadros de Frida Kahlo e achegándonos á súa vida. Para isto último a nosa guía está sendo a novela gráfica Frida Kahlo. Una biografía de María Hesse . Na sesión deste pasado xoves, agasallamos cun tríptico sobre Frida Kahlo e o calendario do trimestre, un marcapáxinas (cortado e plastificado con moitas colaboracións;) e citas variadas do seu Diario . As pinturas de Frida supuxeron unha sorpresa e descubrimento para a maioría dos participantes. Aproveitándonos deste shok propuxemos un mini-concurso ou, mellor, un pequeno reto: escribir versos ou frases breves recollendo a impresión deixada en nós polas súas pinturas. Contarémosvos o resultado. Se queredes mergullarvos un pouco máis en Frida Kahlo e o seu mundo, suxerímosvos un paseo virtual pola Casa azul onde ela vivíu e tanto lle gustaba e , por suposto, unha de tida contemplación das súas pinturas . ...