23 feb. 2014

En Guitiriz, tras os versos de Díaz Castro

O pasado mércores, 19 de febreiro, coincidindo co centenario do nacemento do poeta Xosé Díaz Castro, os rapaces e rapazas do Club de lectura e Normalización Lingüística desprazámonos ao IES de Guitiriz que ten por nome o do poeta para compartir con todo o seu alumnado os actos de celebración dese feliz aniversario.

Despois de ver o documental elaborado por eles, A lus do mundo, houbo preguntas, poemas, representacións e música... e nós participamos... e ata cantamos.


Esperamos a que nos devolvan a visita... Saberemos estar á altura.




















E de poeta en poetisa, desde a biblioteca, unímonos á celebración do día de Rosalía, con carteis, música e, sobre todo, POESÍA.

19 feb. 2014

GAÑADORES DO XADREZ NO LUGRÍS


Nos fríos corredores de Ciclos, desenvolveuse o anunciado Torneo de Xadrez no Lugrís, con gran afluencia e cálida afección. Ao longo de cinco rondas participaron 20 xogadores e xogadoras, durante case tres semanas. As oito mesas, con outros tantos taboleiros e parellas de xogadores, estiveron cheas nos recreos de todo este tempo (do 4 ao 18 de febreiro)... e finalmente temos aos gañadores:
Aquí temos a Roque atrevéndose a xogar co profesor Vicente



O vencedor é ROQUE COUCEIRO SALIDO, de 2º ESO A  

E séguenlle logo: Andrés Martínez Mondelo, Samuel Naveira Guimarey, Gonzalo Vázquez Sánchez e Carlos Vélez Redondo.

Podedes consultar os resultados finais completos ou por rondas na web http://xadrez.hol.es/

Os premios entregaranse na festa do fin de curso.   Noraboa, Roque!!!
 

Agora continuamos xogando nas mesas brancas da biblioteca... ata o próximo torneo.




 

17 feb. 2014

Expresamos sentimentos

Cinxíndonos á tradicional (e para nós, non comercial) celebración do 14 F, o pasado venres enchemos a biblioteca de corazóns nos que expresamos con arte o amor e tamén a amizade por compañeiras, compañeiros... e mesmo profes. No recreo houbo tanta xente curiosa mirando as tarxetas, alegrándose e decepcionándose ao verse ou non alí, tanta risa, tanto cotilleo... que nos despistamos e esquecemos sacar fotos...

... fixémolo máis tarde, xa con menos xente arredor.

Haberá que esperar uns días para que se decida cales foron as máis orixinais (que terán uns pequenos agasallo a fin de curso).

Grazas por EXPRES-ARTE!!




9 feb. 2014

EXPRESarte

EXPRESARTE

Grazas ao pulo e traballo da profe Margarita Azevedo e de bastantes voluntarios e voluntarias que colaboraron con ela, estamos xa poñéndonos a enviar mensaxes de amor e amizade. Como se indica nas bases do concurso, na biblioteca ofrecémosvos unha coidadas  tarxetas-corazón nas que  escribir artísticas MENSAXES DE AMOR ou AMIZADE dirixidas a quen se considere merecedor/a de tal honra. 

  • Por un lado poñerase o nome da persoa destinataria e o curso, ademais do remitente (pode ser, con pseudónimo), e polo outro escribirase a mensaxe amorosa.


  • Ha de procurarse que a mensaxe sexa orixinal, bela, con claridade literaria e, por suposto, profundidade sentimental. 

Cando a tarxeta estea lista, depositarase na caixa que para tal fin se atopa na biblioteca. A data límite de entrega é o mércores 12 de febreiro.

O venres 14 de febreiro expoñeranse todas as tarxetas co lado do nome de fronte para que as persoas destinatarias podan lelas.
E días despois expoñeranse xa as mensaxes sen que se vexa a quen ían dirixidas. 

AS MELLORES TARXETAS SERÁN AMOROSAMENTE PREMIADAS. 

Anímate a expresarte con AMOR.


Lembrade que a celebración de San Valentín ten a súa orixe na época do Impero Romano. 
Valentín de Terni (s. III) foi un sacerdote que considerou que era inxusto un decreto emitido polo emperador Claudio II, polo que se prohibía o matrimonio entre xente nova, xa que na súa opinión os solteiros sen familia eran mellores soldados. Valentín desafiou ao emperador celebrando matrimonios entre persoas novas -e namoradas- ás agachadas. O emperador enteirouse, mandouno encarcerar, e  máis tarde martirizar (torturar, diríamos na actualidade) e logo executar o 14 de febreiro de 270. 

Tamén ten que ver con Cupido, pero diso faleremos outro dia. 

2 feb. 2014

Primeira ronda de xadrez

O lunes, 3 de febrero, imos comezar, no corredor do punto de lectura de Ciclos, a primeira ronda do noso Torneo de xadrez, que se organiza seguindo o sistema suízo. Xogaranse cinco rondas ao longo de tres semanas (luns, martes, mércores e xoves), con oito partidas simultáneas.. Cada persona xogará dúas veces por semana e ha de estar atenta a cando e con quen lle toca xogar. As listaxes estarán expostas no lugar do torneo e tamén na internet (http://xadrez.hol.es).
As partidas terán unha duración (medida con temporizador) de vinte minutos, dez para cada persoa xogadora.



E o martes, 4 de febreiro: 

8
VÁZQUEZ LORENZO, JONATHAN
9
VÁZQUEZ SÁNCHEZ, GONZALO
FEDIOR, FAMA
10
GARCÍA LAGO, LUIS JESÚS
VÉLEZ REDONDO, CARLOS
11
VILLAR UZQUIANO, ROMÁN
GÓMEZ VÁZQUEZ, ANTÓN
12
IGLESIAS INSUA, MANUEL
VILLARES, BRANDON JESÚS
13
ZAS REY, DANIEL
MARTÍNEZ CAMPOS, ALEJANDRO
14
MARTÍNEZ MONDELO, ANDRÉS
ZHI, SUN

Zúñiga Paz, Diego non xoga a primeira ronda e dáselle por gañada.

Empeza a conta atrás!

Comezamos cos BOOKTRAILERS

Grazas a que nos concederon o contrato-programa que solicitara o Instituto, puidemos comezar a aprender como facer booktrailers (avances de libros). O pasado mércores 29, Cristina De la Torre, ilustrounos con gran información sobre os diversos modos en que se pode invitar á xente a ler un libro ou/e ver unha película. Os moi numerosos e variados participantes quedámonos coa idea de que o importante é ter unha historia que contar e á que invitar... e de que debemos darlle ilimitado uso á nosa imaxinación. 
A partir de agora, imos dividirnos en grupos para traballar con historias concretas (de teatro, de contos, de intriga, en francés, en galego...) e... ao final de curso veremos os prometedores resultados. 

Para quen participa, lembrade que temos un lugar en google drive (ligado ao correo do Club de lectura. lerunmardecontos@gmail.com), onde está toda a información sobre os obradoiros, o calendario de encontros, o equipo técnico etc. Para acceder, tedes que preguntar polo contrasinal na biblioteca.. e listo!

Lembrando o baño de trailers e fragmentos de pelis que nos dimos nesta primeira sesión, déixovos os enlaces para volvelos visionar e gozar con eles: Un dios salvajeArrugasCelda 211Romeo & JulietApocalypse nowLa pelota vascaBloody SundayVals con Bashir, Gravity, e El club de los poetas muertos...