Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como caligrama

Entrega de premios de caligramas amorosos

Imagen
Hoxe, no recreo, para empezar con bo pé as ansiadas vacacións, aproveitamos para facer entrega dos numerosos premios polos caligramas amorosos. Houbo diplomas e pequenos agasallos para todas e todos.  Isabel Juncal Bo descanso primaveral!

Caligramas amorosos con premio

Imagen
Caligrama de Paula Grangel Desta volta o concurso de caligramas amorosos tivo moito seguimento, polo que a decisión a cales destacar foi ben difícil. A continuación indicamos, por categorías, todas as persoas premiadas.   EN GALEGO   - NIVEL 1 (1º e 2º ESO e FPB)  1º  premio: Marge Persi Soro (1º ESO B)  2º premio: Nerea Muñoz Gabarri (1º ESO C)  3º premio: Inés Edna Lopes Sanches (1º ESO B) - NIVEL 2 (3º e 4º ESO, Bacharelato)  1º  premio: Pablo Torres Vázquez e Iván Sandino Somoza (3º ESO)  2º premio: Alba Vázquez Botana e Lucía Seoane Sánchez (3º ESO)  3º premio: Miguel Pérez Redondo (3º ESO) EN CASTELÁN - NIVEL 1 (1º e 2º ESO e FPB)     1º  premio: Andrea Motataianu (1º FPB Aloxamento) Caligrama de Isabel Juncal     2º premio: Marcos Acosta Uzcategui (1º ESO A)     3º premio: Alejandro Ramírez (1º FPB Aloxamento) - NIVEL 2 (3º e 4º ESO, Bacharelato) a) De elab...

Concurso de caligramas amorosos

Imagen
Este ano animámosvos a crear de novo unha imaxe con palabras, é dicir, un caligrama , ao estilo dos que facía o artista francés Guillaume Apollinaire . Deberá aludir ao AMOR en todas as súas dimensións: alegría sentida, tristeza pola perda ou separación, bágoas vertidas, cancións compartidas, tempo vivido... Os textos poderán escribirse en galego, castelán, inglés ou francés. Ofrecemos dúas opcións:           a)  E lixir un poema dun autor /a que vos guste e converter eses versos en imaxe caligramática.           b) Escribir o voso propio poema e convertelo en caligrama. O prazo de entrega será ata o 10 de febreiro na BIBLIOTECA ANÍMATE E PARTICIPA! O premio será moi artístico!

Premios de EXPRESarte II

Imagen
Recibimos un montón de amorosos caligramas e ben variados. Mirándoos, léndoos con calma, como podedes facer cando queirades, se pasades pola biblioteca, decidimos conceder os seguintes premios:  No nivel 1 (1º - 3º ESO e FPB ): Morelys de los Santos, de 1º ESO C (o mellor conxunto de texto e caligrama) Carlos Vélez Redondo, de 3º ESO B  (co texto máis surrealista) Devora Mishel Carrasco, de FPB Aloxamento e Lavandería (co texto máis amoroso) e Deyselle Sandes Gonzaga, de FPB Arranxos (co caligrama máis orixinal) No nivel 2 (4º ESO e Bacharelato):   David Docampo Segade, de 2º Bac B  (o máis entrañable, o mellor texto, o mellor caligrama) Marta Sandino Veiga, de 4º ESO (o máis estético) Yaiza Paz Ares, de 4º ESO (o máis simpático) Noraboa!!!

Concurso EXPRES-arte (2ª edición)

Imagen
Empezamos febreiro e neste mes desde a Biblioteca animámosvos a celebrar o AMOR E A AMIZADE a través de mensaxes ou textos con esta temática en forma de CALIGRAMA   escritos sobre un CORAZÓN de papel ou similar. BASES DO CONCURSO: Escribirase un texto ou mensaxe de amor e amizade sobre un   corazón de papel ou similar (máximo tamaño folio) , en forma de   caligrama . O caligrama e o texto deben ser inéditos   (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés. O caligrama pode ou non estar dirixido ou dedicado a alguén do Instituto. Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización do corazón a quen o desexe (cartulina, papel de cores, tixeiras...). Deberase procurar que non teña faltas de ortografía,  e que sexa o máis artístico, orixinal e emotivo posible O prazo de entrega remata   o venres 13 de febreiro . Os corazóns con caligrama entregaranse na biblioteca, co nome, apelidos e curso. ...