Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como chío

Premios para empezar a celebrar

Imagen
Nas vésperas das vacacións de Nadal, entregramos os premios dos concursos da biblioteca (e os departamentos colaboradores) celebrados neste primeiro trimestre: o de Bob Dylan e o dos chíos contra a violencia machista. O ambiente xa era relaxado e festivo. Exames rematados, boletíns de notas aínda por chegar... Celebramos!!! Aquí temos a algúns dos gañadores do concurso contra a violencia machista:  Nerea e Pablo, acompañados de Susana (a directora) e África E aquí todas as persoas gañadoras do concurso sobre Bob Dylan:  Lara Jose Andrea Marta Mario Noraboa a todos e todas!!!

Chíos contra a violencia machista

Imagen
# BENQUERÉNDONOS   # IESURBANOLUGRIS Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista (o 25 N), a biblioteca do centro convoca un concurso de chíos ( tweets ). Trátase de textos breves con forma de relato, mensaxe ou lemas (como os que se realizan a través da rede social twitter )   cunha extensión máxima é de 140 caracteres.     Bases : 1.  O tema terá que ver coa loita contra todo tipo de violencia machista , desde os   micromachismos e os acosos ata as expresións de violencia máis duras. Cada  persoa  poderá enviar un máximo de tres chíos ou  tweets .  2. Os chíos deberán ir acompañados das etiquetas # Benqueréndonos # iesurbanolugris .  Tamén poden entregarse escritos nunha tarxeta na biblioteca ou enviarse ao correo lerunmardecontos@gmail.com  3.  As persoas que presenten os seus tweets ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O...