Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Exposición

Océano Lugrís

Imagen
Onte venres, no festival de fin de curso, presentouse tamén un vídeo realizado por Cristina De la Torre que recolle primorosamente o día da estrea da exposición permanente Océano Lugrís,  ubicada en sete puntos do noso centro e que levamos a cabo este curso no marco de Contrato programa "Mapa emocional de Lugrís". Ese día, o luns 18 de maio, recibimos a visita do IES Urbano Lugrís de Malpica e os nosos rapaces e rapazas actuaron de guías, primeiro no centro, e logo durante un percorrido lugrisián que comezou na Torre de Hércules e continuou no xardín de San Carlos , o Parrote, o café Vecchio da rúa San Andrés, o graffiti da rúa Mantelería, e rematamos todos, os malpicáns e os coruñeses, cantándolle a Lugrís diante do mural de Lugrís da praza José Sellier.  Seguiremos aprendendo e gozando con Urbano Lugrís! Prometido!!!

Día da muller con matemáticas

Imagen
Este ano celebramos o día das mulleres adentrándonos en figuras de grandes mulleres matemáticas.  Na entrada do Instituto temos colocada a exposición " Muller, innovadora na ciencia " e, a través do profesorado, poderedes poñer a proba as vosas facultades investigadoras cun cuestionario no que se vos propoñen pistas para acertar  a que muller matemática se corresponde cada unha. Entre outras cousas, fixádevos no referente á matemática coruñesa María Josefa  Wonenburger Planells , sobre que falara o luns 9 (a 4º ESO e 1º Bac) a profesora Mercedes Sampayo , e a quen lle acaban de dedicar unha rúa ben perto do noso insitituto. Anima ao profesorado a que vos poña a proba! (E fíxate no nome das rúas ao volver a casa...) E xa que estamos celebrando ese día, e saíndonos da ciencia, recoméndovos o blog minoviomecontrola... lo normal

Literatura con imaxe e son

Imagen
Empezamos o ano, reanudamos o curso, cunha exposición de preciosos álbums ilustrados, libros de poemas, algúns con audio, e outros sen. Todos son préstamos da Biblioteca Municipal de Os Rosales e terémolos con nós durante un ou dous meses. Hai títulos moi diversos, para todo tipo de gustos e niveis, a maioría en edicións moi coidadas. Invitámosvos a que olledes, a que escoitedes, a que leades, e a que vos deixedes embargar polo seu encanto e poesía. Entre a morea de títulos prestados, comezamos por destacar uns poucos de Jimmy Liao , o poeta das ilustracións, autor taiwanés recoñecido no mundo enteiro polos seus contos. " La noche estrellada " e " Desencuentros " son algúns dos seus títulos, publicados en España pola editorial Barbara Fiore , e dos que dispoñemos na biblioteca. E co aroma que estas letras artisticamente ilustradas nos deixan queremos deixar constancia da nosa solidaridade cos humoristas gráficos de revista Charlie Hebdo , salvaxemente asasi...

Exposición de cómics e de libros

Imagen
Preto da data do día do libro, temos na entrada do instituto unha exposición de cómics (entre eles algún manga que impresiona polo ben realizado que está)  de 1º da ESO, e outra máis de preferencias de libros de personaxes coñecidos no eido da cultura galega: "E ti que les?" Invitámosvos a que as observedes con calma. Aínda se deixarán durante un tempo.   E  aquí unhas cantas fotos da exposición que nos emprestaron do IES de Sabón:  Non esquezas que o próximo martes 29 de abril temos reunión do Club de lectura no recreo. Neste trimestre lemos MANGAS (e algo máis). Tamén te preguntaremos iso de... E ti, que les?

De fotonovelas e películas...

Imagen
Temos na bilbioteca unha nova exposición, esta vez de fotonovelas elaboradas por 4º ESO coa profe Xulia.  Aquí queda unha mostra de Adriana (4º A) para abrir apetito, coa lembranza da saída a Pontevedra. Lembrade que o martes 11 quedamos a ver a película sobre a vida de Emilia Pardo Bazán (damos caña ata o final, que non se diga...). 

Ruliña, miña ruliña... as palabras que máis nos gustan...

Imagen
Pois si, parece que no Lugrís  enchémonos de agarimo  cara o fin de curso (ou será que somos así?) e ao mirar para a nosa lingua as palabras que máis nos gustan (medida por número de votos) son   RULIÑA  e máis MORRIÑA .  Nos topónimos gana por goleada RIAZOR, e entre os nomes propios VALERÓN non ten parangón (perdoade o pareado).  Penso que se nos ve demasiado o plumeiro deportivista (malia os tempos que corren). Recollo aquí as explicacións que nos ofreceron quen propuxeron estas ben soantes palabras:  - RULIÑA : "expresión moi cariñosa" (proposta por Antonio Chans, de STI 1º A) - MORRIÑA :  "saudade, botar de menos" (proposta por Junquera López, de 4º ESO B), ou "un sentimento que abarca moitos sentimentos e unha palabra que todos entenden, pero nadie pode explicalo" (Noelia e Cristina Rodríguez, tamén de 4º ESO B) - RIAZOR : "terra de fútbol" (Gonzalo Conde, de 4º ESO B) - VALERÓN : "mago do fútbol" (Gonzalo Conde) Rea...

Queremos ter imaxe propia...

Imagen
Xa andan  colgados   polo insti os carteis anunciadores da convocatoria para o deseño de logo ou mascota para a biblioteca e o club de lectura, así como tamén as bases detalladas do concurso (o esencial é que sexa inédita, as demais condicións teñen a intención de deixar a máxima liberdade creativa posible). O prazo é ata o 7 de xuño.  E falando de imaxes, mañá mércores 8 de maio estará con nós o nomeado debuxante de cómics    Miguelanxo Prado   (A Coruña, 1958) . Recibirémolo humildemente coas bandas deseñadas realizadas polas rapazas e rapaces de 4º ESO, que logo se seguirán expoñendo na biblioteca.  Prometemos deixar por aquí fotos do encontro con  Miguelanxo Prado   e tamén doutras actividades do insti. Ultimamente non paramos... hoxe pola tarde estivo con nós a actriz Isabel Naveira , ensinando como actuar nun cásting,  pola mañá os de 2º ESO foron visitar as instalacións    nas que adestra o Dépor en  Abegondo...