25 nov. 2012

Di non á violencia contra as mulleres

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o día contra a violencia de xénero (ou violencia machista, se preferides). E deberemos seguir lembrándoo con forza. As cifras de mulleres asasinadas e maltratadas seguen a ser escandalosas:
- Entre 2003 e 2011 foron asasinadas 605 mulleres en España a mans das súas parellas ou exparellas.

  • No 2012 levamos 47 mulleres mortas.
  • No 2011 foron 66 as asasinadas.
  • No 2010, 78.
  • No 2009, 73...

- Unha de cada tres mulleres asasinadas pola súa parella ten entre 15 e 29 anos.
- No mundo, case a metade das mulleres que morren por homicidio foron asasinadas polos seus maridos, parellas ou exparellas; nalgúns países esta porcentaxe elévase ao 70%. 
- Aínda que é difícil obter cifras exactas debido á falta de rexistros, segundo os datos dispoñibles, no mundo unha de cada catro mulleres será vítima de violencia sexula por parte da súa parella no curso da súa vida. A maioría das vítimas de agresións físicas vense sometidas a múltiples actos de violencia durante longos periodos.

Non obstante, non todas son malas novas, algo se está a facer contra esta lacra. A conciencia social do problema é maior a cada paso. Hai homes que forman redes contra a violencia machista (co lazo branco), desde 2005 funcionan os xulgados contra a violencia sobre as mulleres, hai un observatorio sobre a violencia de xénero cun banco de boas prácticas, etc.

Déixovos tamén un enlace cunha campaña de concienciación deste ano e outro tamén cunha interesante mensaxe moi para que non baixemos a garda nos tempos que corren e coa desculpa dos recortes.

8 nov. 2012

Bram Stocker


O doodle de hoxe en google estivo dedicado a Bram Stocker (1847-1912), coa intención de lembrar o 165º aniversario da publicación de Drácula.  Abraham [Bram] Stocker foi un escritor irlandés autor de grandes obras de terror. A máis nomeada das súas obras é Drácula, lendario vampiro baseado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador.
Esta obra foi adaptada moitas veces ao cine.  Unha das versións máis coñecidas é a dirixida por Francis Ford Coppola en 1992 e protagonizada por Gary Oldman y Keanu Reeves. Déixovos aquí o trailer para metervos ganas. 


3 nov. 2012

Concurso de microrrelatos de terror

Temos en marcha o I Concurso de Microrrelatos de terror. Con imaxinación, tétrica a poder ser, bo facer e un pouco de inspiración esperamos que nos presentes na biblioteca un breve relato inédito (de 125 palabras como máximo) que se poida encadrar dentro da temática do terror. Ha de comezar dunha das dúas maneiras que che propoñemos: 

- Unha noite de inverno, un viaxeiro chegaba polo outeiro...
- A medianoite, escoitei uns ouveos...

A data límite de entrega é o venres 9 de novembro. Agardamos polo teu terrorífico "textículo" con expectación. 

Déixovos a continuación un microrrelato, de Fermín López Costero, por se vos serve de inspiración:

Los aparecidos
Con frecuencia, pero también cuando menos lo espero, se me aparecen mis padres. Tras el susto inicial, el miedo va dejando paso a un sentimiento de impotencia y de rabia, porque, por más empeño que pongo, nunca consigo comunicarme con ellos. Me gustaría decirles, sobre todo, que los echo mucho de menos, que me cuesta asumir que aquel desgraciado accidente me haya privado de su compañía.
Luego, cuando desaparecen, me quedo durante horas muy triste, abrazado a las flores que amorosamente han depositado sobre mi lápida.