8 nov. 2012

Bram Stocker


O doodle de hoxe en google estivo dedicado a Bram Stocker (1847-1912), coa intención de lembrar o 165º aniversario da publicación de Drácula.  Abraham [Bram] Stocker foi un escritor irlandés autor de grandes obras de terror. A máis nomeada das súas obras é Drácula, lendario vampiro baseado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador.
Esta obra foi adaptada moitas veces ao cine.  Unha das versións máis coñecidas é a dirixida por Francis Ford Coppola en 1992 e protagonizada por Gary Oldman y Keanu Reeves. Déixovos aquí o trailer para metervos ganas. 

video

1 comentario:

  1. Encántanos a estética suxestiva do voso blog, mergullándose nos mares da fantasía...

    ResponderEliminar