Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como CL Igualdade

Calendario previsto para o 3º trimestre

Imagen
Como estamos xa na 3ª avaliación (por máis que se nos faga algo estraño isto de comezar antes das vacacións de Semana Santa), propoñémosvos o seguinte calendario de actividades e reunións:  Imos véndonos!

Con "feminismo para principiantes" no CL3

Imagen
Xa comezamos neste segundo trimestre coas lecturas de igualdade. Estamos a informarnos desde as bases, seguindo Feminismo para principiantes , de Nuria Varela e ilustrado por Antonia Santolaya .   Como en todas as reunións previas, as intervencións e debates foron moi fluidos e vivos. 

Carlos Negro entre nós

Imagen
Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro , recitando poesía dos seus libros  Penúltimas tendencias e  Makinaria .  Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos  e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha. Por outra banda, este encontro foi o punto culminante  deste primeiro trimestre para  o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo no s mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar  sobre a forma de rachar  con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria. Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;) Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de...

O DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
Desde hai tres anos,   o luns seguinte á data do  15 de outubro , celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS en conmemoración da data de falecemento de   Tareixa de Ávila .