Carlos Negro entre nós


Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro, recitando poesía dos seus libros Penúltimas tendenciasMakinaria

Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos  e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha.


Por outra banda, este encontro foi o punto culminante deste primeiro trimestre para o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo nos mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar sobre a forma de rachar con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria.

Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;)

Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro









Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de lectura de Galicia, por ser o autor máis lido nos mesmos. Nós estivemos seguindo a tendencia...



   Algúns engacharon coa lectura de Makinaria inmediatamente!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego