Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Conto contos

Conto contos (peruanos)

Imagen
Como vén sendo xa case unha tradición,  onte martes  fumos  ata o CEIP Cornide, o noso cole veciño, para que o alumnado de Teatro de 2º ESO, contara contos aos cativos e cativas. Coa profesora Francisca, elixiron, adaptaron e ensaiaron dous contos de orixe peruana, un en galego e outro en castelán, para interpretar ante tan atento público. 

Conto contos, con lentes de cor violeta

Imagen
O pasado martes 19, e como xa vén sendo tradición, achegámonos ao CEIP Cornide Saavedra , carrexando os nosos contos. Tratando de encadrarnos no proxecto no que traballan este curso, "Lentes de cor violeta ", levamos a dramatización de tres contos, que foron preparados na materia de teatro, en 2º ESO, e dirixidos pola profe Francisca García Jáñez. - Rosa Caramelo , de Adela Turín. Interpretado por 2º ESO  - Artur e Clementina , de Adela Turín. Interpretado por 2º ESO. Ambos da nomeada colección "A favor de las niñas". - ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? , de Raquel Díaz Reguero. Temos un vídeo de quick con fotos que recollen os momentos de preparación e demais e un moviemaker elaborado a partir das fotos da actuación realizadas por Yaiza Paz. Esperamos que vos praza... Un millón de grazas polos momentos vividos!!!  Boas festas|||

Entrañable Hércules no Conto Contos

Imagen
De esquerda a dereta e de arriba a abaixo: Jéssica, Tamara, Romina, Abril, Carmen, Noelia, Morelys, Miguel, Rafael, Nerea, Jonathan, María, Monique, Francisca e África E despois da preparación, a acción. O venres 9 de decembro trece "actrices e actores" (de 1º da ESO a 2º Bacharelato) coas dúas profes e o lector de inglés Benny , cruzamos a ponte peonil para achegarnos cos nosos bártulos ao CEIP Cornide Saavedra.  Alí esperábanos con ilusión a rapazada do cole. Como estaba previsto (incluidos os pequenos imprevistos) fixemos lecturas dramatizada de Hércules e Crunia e Los doce trabajos de Hércules.   Aquí quedan algunhas fotos para a lembranza: Con Marisol, a "anfitriona" do CEIP Cornide Crunia e Hércules (ou sexa, Tamara e Noelia) Rafael Jiménez Jéssica Freire (de narradora) Jonathan, Nerea e Monique Monique, narradora Con Benny e o rato, mascota da Biblioteca do Cornide O público Unha gozada! A ver se...

Preparándonos para o Conto contos

Imagen
Jésica Freire Como xa vén sendo tradición por estas datas, estamos a prepararnos para ir contar algún contos aos cativos e cativas veciñas, do CEIP Cornide Saavedra .  Grazas á iniciativa de Jésica Freire, María Rodríguez e Monique Miranda, alumnas de 2º de Bacharelato, levamos reuníndonos varios xoves para ensaiar a lectura e escenificación de dous contos: un en castelán, sobre os 12 traballos de Hércules e outro en galego " Hércules e Crunia ".  Están sendo uns xoves moi intensos, creativos e divertidos. Esta semana que entra a reunión terá que ser en mércores porque o venres 9 será a "actuación" no Cole.  Moitas grazas polo entusiasmo a todas e todos os participantes!!!     Repetiremos experiencia!

Contando contos africanos, no Cornide

Imagen
Como xa case vén sendo tradición, o pasado venres 4 de decembo, cruzamos a ponte peatonal que nos separa da outra beira da estrada para achegarnos ao CEIP Cornide Saavedra cun grupo de rapaces (actores e actrices en cernes) para representar unha lectura dramatizada de dous contos africanos.  Primeiramente Mohamed Reda (1º ESO) e Khady Fedior (2º Bac), contáronnos un pouco sobre os seus países de orixe, Marrocos e Senegal, respectivamente. E logo lanzámonos aos contos: Simba, el miedoso e logo Conto de Mozambique .  Os rapaces e rapazas do Colexio portáronse de forma máis que exemplar. Ademais de atentos e respectuosos, participaron coas súas preguntas, os seus  abertísimos  ollos  e os grandes aplausos. Un público de primeira... Os ensaios previos: E xa no Colexio Cornide, primeiro preparándose:   E xa na acción! 1)   Semba el miedoso :  2) Conto de Mozambique    Todos xuntos, ao fi...

Conto contos: O tren saltamontes

Imagen
Toda unha experiencia. O de contar contos aos cativos e cativas sempre resulta moi enriquecedor. Os nosos pequenos veciños do CEIP Cornide portáronse de marabilla mentres escoitaban o conto narrado e representado por un grupo do noso Club de lectura. Fixérono case como profesionais e pasamos un anaco estupendo mentres coñeciamos o Cole, preparabamonos no camerino e logo actuando ante os rapaces.  O conto que narraron foi, como dixemos, o de El tren saltamontes , de Alfredo Gómez Cerdá . No cole traballan por proxectos e este trimestre dedícano aos transportes terrestres, polo que encaixamos perfectamente nos seus plans. Tratáronnos tan ben que quedamos con moitas ganas de volver...