Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da muller traballadora

Persoas gañadoras do Concurso do día das mulleres

Imagen
No Concurso de letras-pistas do Día das mulleres resultaron gañadores:    Gabriel Alonso Rodríguez, 2º ARI   Rocío Gómez Llanos, 2º Bach  Daniel Irigoyen Mallo, 1º ARI   Pedro Reimúndez Martínez, 4º ESO  José Manuel Sanlés Vázquez, de 1º ARI Todos eles concursaron no nivel 2.  NORABOA!!! O nivel 1 quedou deserto.  Entre estes rapaces sortearemos o premio o próximo xoves 22 no recreo, na Biblioteca .  Moitas grazas pola vosa participación!!! Por certo, as solucións son as seguintes: 

Concurso polo Día das mulleres

Imagen
Para conmemorar o Día Internacional da muller, o próximo 8 de marzo, desde a Biblioteca convocamos un Concurso de Letras-pistas.  As pistas quedan aquí a continuación e tamén están dispoñibles no apartado de Actividades no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro .  As bases xerais son as seguintes e están máis especificadas nos arquivos de cada un dos niveis.  Trátase de explorar e descubrir algo relacionado con mulleres interesantes, seguindo as pistas que aquí vos ofrecemos. BASES: - As respostas deberán ser enviadas ao enderezo de correo da biblioteca:   lerunmardecontos@gmail.com - No correo deberá constar:                 - O nome do/a alumno/a e o seu curso e grupo.                 - A resposta solicitada. - O prazo é ata o día 8 de marzo ás 12 da noite. PREMIOS:     - Unha película en formato DVD ou Blue Ray da elección do/...

Sufraxistas, grazas pola loita

Imagen
A Biblioteca e o departamento de Filosofía decidimos celebrar este ano o día da muller traballadora lembrando ás sufraxistas de principios do século XX, especialmente ás inglesas. Co impulso dado pola película Sufragistas , recompilamos algúns documentos da época: postais defendendo a súa posición e crueis caricaturas que reflicten os prexuízos do momento (moitos dos cales seguimos percibindo menos explicitamente na actualidade).   Ademais, o alumnado de Valores éticos de 3º ESO elaborou unhas interesantes siluetas nas que presenta a algunhas  mulleres loitadoras, que todos deberiamos coñecer.  Para que non pasemos de longo pola exposición, temos uns cuestionarios para comprobar que somos capaces de observar e atopar os principais datos sobre estas figuras de muller e dar a nosa opinión sobre as postais e caricaturas.  No curso de Biblioteca da Aula Virtual, está o material da exposición en pdf e tamén o cuestionario.  Xa son moitas as p...

Día da muller con matemáticas

Imagen
Este ano celebramos o día das mulleres adentrándonos en figuras de grandes mulleres matemáticas.  Na entrada do Instituto temos colocada a exposición " Muller, innovadora na ciencia " e, a través do profesorado, poderedes poñer a proba as vosas facultades investigadoras cun cuestionario no que se vos propoñen pistas para acertar  a que muller matemática se corresponde cada unha. Entre outras cousas, fixádevos no referente á matemática coruñesa María Josefa  Wonenburger Planells , sobre que falara o luns 9 (a 4º ESO e 1º Bac) a profesora Mercedes Sampayo , e a quen lle acaban de dedicar unha rúa ben perto do noso insitituto. Anima ao profesorado a que vos poña a proba! (E fíxate no nome das rúas ao volver a casa...) E xa que estamos celebrando ese día, e saíndonos da ciencia, recoméndovos o blog minoviomecontrola... lo normal

Falemos das mulleres

Imagen
Como cómpre no día internacional das mulleres, esta semana falaremos de mulleres. Este ano aproveitamos un material producido pola Casa de Emilia Pardo Bazán e xa está nos paneis da entrada unha exposición titulada FALEMOS DAS NOSAS ESCRITORAS completada con outra sobre MULLERES CON PRESENZA NA CORUÑA. As escritoras das que falamos son:   Safo de Lesbos, Murasaki Shikibu, Hildegard von Bingen, Santa Teresa de Jesús, Mary Wollstonecraft, Mary Shelley, Emily Dickinson Rosalía de Castro, Sofía Casanova, Virginia Woolf, Victoria Ocampo, Sylvia Plath, Begoña Caamaño, Marta Dacosta, Teresa Moure, Clara Campoamor, María Reimóndez, Rosa Aneiros, María Lado E as mulleres con presenza na Coruña nas que nos detemos son:  “ Juana de Vega ” (A Coruña, 1805 – A Coruña, 1872) “ Concepción Arenal ” (Ferrol, 1820 - Vigo, 1893) “ Rosalía de Castro ” (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885) “ Sofía Casanova ” (A Coruña, 1862 – Polonia, 1958) “ ...

Premios para "Coñécesnos"?

Imagen
Finalmente, podemos falar xa dos e das gañadoras do concurso de investigación "Coñécesnos?" a través do cal coñecimos algúns importantes rostros de mulleres aos que lles puxemos nome.  Redobre de tambor... Os premios son para:  - Na categoría de 4º ESO, Bacaharelato e ciclos:   DAVID DOCAMPO,  de 1º Bac - E na categoría de 1º-3º ESO e PCPI:  MORA CANOSA,  de PCPI Comercio ALEJANDRO ESPIÑEIRA, de 2º ESO A JOSÉ MARÍA EXPÓSITO,  de 2º ESO A AARÓN FIGUEIRA, de 2º ESO A DELIA SIERRA,  de PCPI Comercio Nesta categoría, e como estaba previsto nas bases do concurso, realizarase un sorteo entre os acertante para ver quen se queda co premio. Realizaremos o sorteo publicamente o martes 9 de abril, no recreo, na biblioteca. Os premios entregaranse na festa de fin de curso. Xa que estamos, lémbrovos que o próximo mércores 10 de abril faremos unha nova reunión do club de lectura no recreo. Esperamos contar xa con exemplares de...

Imaxes de muller

Imagen
Con algo de retraso, como ultimamente nos acontece, tratamos hoxe un pouco sobre o día da muller que se acaba de celebrar o venres 8 de marzo.  Non sei se sabedes que o 8M   se  celebra para lembrar as "eternas" malas condicións do traballo das mulleres (tanto o remunerado como o que non o é). Na actualidade falamos máis ben do día da muller, a secas. Non é só cuestión de traballo (que tamén, e moi importante), senón en xeral da situación das mulleres en case todos o planos. Moito habería que falar sobre este día, ou mellor dito, de por que existe semellante conmemoración nunha sociedade, a nosa, que presume de igualitaria. Mais, como a pouco que reflexionemos [e Forges soe axudar], todas e todos sabemos, que a equidade entre as persoas por razón do seu sexo ou  xénero, aínda que avanzou moito [recoméndovos un artigo no que se fala de cando " ler era cousa de homes "], está moi lonxe de ser conseguida. A loita pola igualdade segue  a ser revo...